- O seu proxecto, que conta co apoio da Fundación Biodiversidad, está orientado a profesionais e técnicos de concellos relacionados cos sectores e sistemas críticos para a cidade e por profesionais doutros ámbitos (empresas ou terceiro sector) interesados en contribuír á xeración de urbes máis sostibles a través da colaboración público-privada.
- Presentáronse dous documentos que aglutinan, por unha banda, casos de éxito nacionais e internacionais na adaptación das cidades ao cambio climático e, por outro, unha serie de solucións empresariais para a mellora da acción climática nas mesmas.
Cerceda, a 9 de xullo de 2019.- Forética deu a coñecer recentemente os resultados do proxecto “Caja de herramientas para la adaptación al cambio climático en las ciudades”, que está levando a cabo co apoio da Fundación Biodiversidad, e cuxo público obxectivo está conformado fundamentalmente por profesionais e técnicos de concellos relacionados cos sectores e sistemas críticos para a cidade e por profesionais doutros ámbitos (empresas ou terceiro sector) interesados en contribuír á xeración de urbes máis sostibles a través da colaboración público-privada.
Presentáronse dous documentos que aglutinan, por unha banda, casos de éxito nacionais e internacionais na adaptación das cidades ao cambio climático e, por outro, unha serie de solucións empresariais para a mellora da acción climática nas mesmas. O obxectivo de ambos é dar visibilidade a exemplos de referencia en materia de adaptación ao cambio climático e tamén dotar ás administracións públicas de solucións empresariais a través de produtos e servizos que favorezan a loita contra o cambio climático.
Na primeira das ferramentas seleccionáronse unha ducia de cidades: seis internacionais (Adís Abeba, Copenhague, Londres, Róterdam, Singapur e Vancouver) e seis nacionais (Madrid, Barcelona, Murcia, Pamplona, Sevilla e Vitoria). Destacáronse polo seu posicionamento en materia de sostibilidade urbana e loita contra o cambio climático a través da enerxía, a mobilidade ou a biodiversidade, pertencendo na súa meirande parte a redes e rankings a nivel inernacional ou nacionais tales como C40, CDP Cities ou a Rede Española de Cidades polo Clima.
A segunda das ferramentas, e tomando como base o Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático (PNACC), identificáronse solucións de distintas empresas nos ámbitos de recursos hídricos, urbanismo e construción, saúde humana, finanzas e seguros, transporte, industria e enerxía, e economía circular.
Ambas ferramentas únense ás xa presentadas o pasado mes de abril no Conama Local 2019 e os distintos elementos puidéronse analizar no recente Foro das Cidades celebrado en Medellín, no que participou Forética.
Forética é a asociación de empresas e profesionais da responsabilidade social empresarial/sostibilidade líder en España e Latinoamérica cuxa misión é fomentar a integración dos aspectos sociais, ambientais e de bo goberno na estratexia e xestión de empresas e organizacións.
Fonte e imaxe: Forética.
Saúdos, Departamento de Comunicación