- Esta plataforma recolle nun único espazo as principais tendencias internacionais sobre o coronavirus e o seu impacto nas empresas, con acceso á información de World Economic Forum, Organización Mundial da Saúde (OMS) e World Business Council for Sustainable Development (WBCSD), entre outras organizacións de referencia.
Cerceda, a 2 de abril de 2020.- Forética, organización referente en sostibilidade e responsabilidade social empresarial, puxo en marcha unha plataforma dixital na que concentra os principais proxectos e iniciativas que están a desenvolver as empresas socias –de distintos sectores e tamaños- vinculados a un obxectivo común: frear a crise COVID-19.
Esta plataforma recolle nun único espazo as principais tendencias internacionais sobre COVID-19 e o seu impacto nas empresas, con acceso á información de World Economic Forum, Organización Mundial da Saúde (OMS) e World Business Council for Sustainable Development (WBCSD), entre outras organizacións de referencia.
Ademais, na mesma especifícanse os principais proxectos e iniciativas desenvolvidas en España polas empresas socias (representando a preto do 40% do IBEX 35).
Ao respecto, o Director Xeral de Forética, Germán Granda, manifestou que con esta plataforma, “queremos dispoñer dun espazo no que se concentren todos os principais proxectos e iniciativas das empresas que forman parte de Forética en España, mostrando como, a través desta rede de colaboración, tratamos de facer fronte á crise COVID-19”, ao que engadiu que “cunha actualización diaria de contidos, permítenos contribuír ao noso obxectivo de inspirar con solucións prácticas para que as empresas tomen accións responsables e sostibles”.
A misión de Forética é integrar os aspectos sociais, ambientais e de bo goberno na estratexia e xestión de empresas e organizacións. Actualmente está formada por máis de 240 socios, entre eles o 43% das empresas que cotizan no IBEX 35, ademais de filiales de multinacional, pequenas e medianas empresas, ONG de referencia e socios persoais.
Fonte: Forética
Imaxe: Pixabay