- Lanzou, en colaboración coa rede de socios, conformada por máis de 200 organizacións, o proxecto “O futuro da sostibilidade: Resiliencia e ‘nova normalidade’ das empresas post COVID-19”.
- Desenvolverá escenarios e ferramentas en aspectos ESG (ambientais, sociais e de bo goberno) dirixidos a Consellos de Administración, Alta Dirección e áreas estratéxicas.
Cerceda, a 5 de maio de 2020.- Forética, organización empresarial referente en materia de sostibilidade en España, lanzou en días pasados o proxecto “O futuro da sostibilidade: Resiliencia e ‘nova normalidade’ das empresas post COVID-19”, en colaboración coa súa rede de socios, conformada por máis de 200 organizacións.
German Granda, Director Xeral de Forética, manifestou ao respecto que “trala primeira resposta áxil e inmediata a esta crise por parte das empresas, é o momento de avanzar cara á construción do futuro posterior ao COVID-19, analizando cales serán os novos escenarios, as disrupcións e vulnerabilidades.
Para isto, a entidade conta coa alianza de partner global World Business Council for Sustainable Development (WBCSD), que lle permitirá, como Consello Empresarial Español para o Desenvolvemento Sostible, ter unha visión de tendencias a nivel internacional e como se trasladará á realidade empresarial española. “Este proxecto permitiranos desenvolver cos nosos socios ferramentas e solucións baseadas en proporcionar unha recuperación empresarial sostible”, engadiu.
Pola súa banda, Jaime Silos, Director de Desenvolemento Corporativo de Forética, indicou que o obxectivo deste proxecto é analizar a longo prazo o impacto do COVID-19 desde o ámbito da sostibilidade e focalizado na visión ESG (ambientais, sociais e de bo goberno).
En todo caso, trátase de asegurar que as leccións apresas do COVID-19 apoien a planificación da continuidade do negocio e da anticipación de riscos e avaliación de escenarios de crises futuras.
A resposta inmediata de Forética á crise do coronavirus foi a creación dunha plataforma dixital que recollese a estensa rede de colaboración dos seus socios. Na mesma participan máis de 80 empresas de distintos sectores, compartindo máis de 170 iniciativas e proxectos para frear a crise.
Fonte: Forética
Imaxe: Pixabay