- Baixo o lema “Tú la llevas”, esta iniciativa enmárcase na conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, que terá lugar o próximo 5 de xuño.
- As persoas interesadas en participar deben cumprimentar un formulario de inscrición que atoparán na páxina web da Fundación Aquae e que estará habilitado ata o 25 de maio.
- Os vídeos candidatos non deben superar 1 minuto de duración.
Cerceda, a 6 de maio de 2021.- Co lema “Tú la llevas”, Fundación Aquae promove a primeira edición dun concurso de vídeos, cunha duración máxima de 1 minuto, cuxo obxectivo sexa mostrar e transmitir ás diferentes xeracións a importancia de protexer o medio ambiente e tomar partido na loita contra o cambio climático.
Esta iniciativa enmárcase na conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, que terá lugar o próximo 5 de xuño, e na mesma poden participar todos os públicos, con independencia da súa idade. Os únicos requisitos a cumprir son utilizar o idioma español e que as temáticas abordadas xiren ao redor da restauración dos ecosistemas, o coidado do medio ambiente e a sostibilidade.
As persoas interesadas en participar deben cubrir un formulario de inscrición que atoparán na páxina web da Fundación Aquae e que estará habilitado ata o 25 de maio. O formulario permite subir o vídeo directamente ou ben achegar unha ligazón desde o perfil do usuario en Youtube ou Vimeo. En caso de incidencias, o correo de contacto é o seguinte: fundacionaquae@fundacionaquae.org
Unha vez pechado o concurso, un xurado de expertos valorará os vídeos recibidos e elixirá ao gañador, que se dará a coñecer o propio Día Mundial do Medio Ambiente, sendo obsequiado cun premio de 500 euros.
Máis información en https://www.fundacionaquae.org/sobre-tu-la-llevas/edicion-2021/
https://www.youtube.com/watch?v=YpHsIXnzGRU&t=29s
Sobre Fundación Aquae
Fundación Aquae creouse en 2013 co obxectivo de converterse nun centro de referencia no impulso da educación, o apoio á sostibbilidade e a difusión do coñecemento ambiental, contribuíndo desta forma á transición cara a un modelo económico sostible.
Fonte e imaxe: Fundación Aquae