- Ambas as dúas entidades renovaron o seu convenio de colaboración, que contempla igualmente o incremento dos puntos de venda #GreenShop en todo o territorio nacional
Cerceda, a 30 de xaneiro de 2024.-A Fundación Ecolec e FEDE (Federación Española de Comerciantes de Electrodomésticos) renovaron, por dous anos máis, o convenio de colaboración formalizado hai 15 a fin de realizar unha correcta xestión dos aparellos eléctricos e electrónicos que os consumidores refugan cando adquiren un produto novo.
Durante os próximos meses, ambas as dúas organizacións traballarán para superar a xestión de 50.000 toneladas de residuos de grandes electrodomésticos. Así mesmo, os seus esforzos conxuntos estarán destinados a incrementar os puntos de venda #GreenShop en todo o territorio nacional e a mellorar a eficiencia na xestión dos RAEE que os asociados a FECE reciben no ámbito da súa actividade comercial.
Durante os dous últimos exercicios, e a través do acordo de colaboración referenciado, logrouse xestionar case 40.000 toneladas de residuos de grandes electrodomésticos, dos cales se recuperaron 20.767 toneladas de ferro, 2.045 toneladas de cobre e 1.125 toneladas de aluminio.
Fonte: Fundación Ecolec
Imaxe: Pexels