- O volume de ferro recuperado ascendeu a 50.436 toneladas, o equivalente ao peso de sete veces a Torre Eiffel.
- A organización recordou a importancia de reciclar correctamente os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, pois, ademais de conter substancias perigosas para a saúde, están conformados por materiais (ferro, aluminio e cobre) de gran valor.
Cerceda, a 3 de decembro de 2019.- Coincidindo coa conmemoración da Semana Europea da Prevención de Residuos, que tivo lugar do 16 ao 24 de novembro, a Fundación Ecolec, organización sen ánimo de lucro que centra a súa actividade na reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), anunciou que, por terceiro ano consecutivo, conseguiu superar as 100.000 toneladas de RAEE recollidos, cun volume de ferro recuperado de 50.436 toneladas, o equivalente ao peso de sete veces a Torre Eiffel.
Aproveitando esta cita, a organización recordou a importancia de reciclar correctamente o lixo electrónico, conformado por aparellos que necesitan enchufarse ou ben funcionan con batería, pero que xa non poden realizar a súa función. É o caso dun teléfono móbil, unha plancha, unha tostadora, un microondas, unha lavadora, etc.
A súa correcta reciclaxe é fundamental, xa que, ademais de conter sustancias que poden ser perigosas para a saúde, están fabricados con materiais tales como aluminio, cobre e ferro, entre outros, que poden ser aproveitados novamente. Trátase de materiais valorizables que conteñen recursos que non deben perderse.
Neste marco, Ecolec proporciona tres recomendacións orientadas aos usuarios para colaborar no sistema:
- Antes de adquirir un novo aparello eléctrico, procura reparalo nos servizos técnicos oficiais.
- Se non ten arranxo, lévao ao punto limpo ou comercio de aparellos eléctricos ou electrónicos máis próximo para a súa correcta reciclaxe.
- Finalmente, cando adquiras un novo aparello eléctrico, valora o ecodeseño do produto e a súa eficiencia enerxética para aforrar enerxía ao longo da súa vida útil.
Fonte: Fundación Ecolec
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación