- Equivalen a 3,9 millóns de prendas que terán unha segunda vida grazas á súa reutilización ou reciclado.
- O reto para 2020 é aumentar a contenerización na vía pública, clave para incrementar a baixa taxa de separación en orixe, que apenas chega ao 10%.
Xaneiro de 2020.-Humana Fundación Pueblo para Pueblo, organización que desde 1987 promove a protección do medio ambiente a través da reutilización do téxtil e leva a cabo programas de cooperación ao desenvolvemento en África, América Latina e Asia así como de apoio local en España, recolleu 1.731 toneladas de téxtil usado en Galicia durante 2019 para darlles unha segunda vida a través da reutilización ou o reciclado.
En 2019, milleirosde donantes depositaron a roupa, o calzado, os complementos e o téxtil de fogar que xa non utilizaban nos 370 contedores de cor verde da Fundación, a disposición da cidadanía grazas a acordos con entidades públicas e privadas. O servizo de recolllida selectiva do téxtil é gratuito e representa un aforro para os municipios adheridos.
As toneladas recuperadas por Fundación Humana equivalen a 3,9 millóns de prendas cuxa xestión implica undobre beneficio: o primeiro é medioambiental, porque reduce a xeración de residuos e contribúe á loita contra o cambio climático. A reutilización e a reciclaxe de téxtil durante o ano pasado representan un aforro de 5.485 toneladas de CO2 á atmosfera. As toneladas non emitidas grazas á xestión sostible do téxtil equivalen á emisión anual de 2.000 coches (que circulen 15.000 km anuais) ou á absorción anual de dióxido de carbono de 41.000 árbores.
O beneficio social consiste na creación de postos de traballo inclusivos, estables e de calidade: Humana xera un emprego indefinido por cada 36.000 kg de téxtil recollido. Doutra banda, os recursos obtidos destínanse a proxectos sociais: tras máis de tres décadas de actividade, 2,5 millóns de persoas víronse involucradas nos programas de desenvolvemento nos países do Sur da man de contrapartes ou socios locais. A Fundación destinou máis de 31 millóns de euros durante este período para a formación de profesores de primaria, o impulso da agricultura sostible ou a loita contra o VIH/SIDA, entre outras accións.
Unha xestión con visión de economía circular
“Humana contribúe a facer máis sostible o sector da xestión de residuos cunha visión de economía circular”, asegura Ricardo Rodríguez, responsable da Fundación en Galicia , “xa que reintroduce as prendas na cadea de valor, xera recursos cun impacto social positivo, crea emprego verde e sostible, incide no ámbito local e promove a mellora das condicións de vida das comunidades máis desfavorecidas grazas a programas de cooperación ao desenvolvemento”.
Rodríguez recorda que en 2025 todos os municipios da Unión Europea deberán ter establecida unha recollida separada para o residuo téxtil, “o que sen dúbida aumentará a baixa taxa de separación en orixe, que non supera o 10% en Galicia ”. “Desde Humana aplaudimos o labor dos municipios que promoven a recollida selectiva de textil .Estamos ante unha oportunidade e un enorme reto para dar o impulso definitivo á xestión apropiada deste recurso, fieis á xerarquía de residuos e a un modelo económico circular, no que prime a prevención e a reintrodución do téxtil na cadea produtiva, prolongando o seu ciclo de vida”, engade.
Os retos para 2020
Aumentar a contenerización no espazo público para facilitar as donacións da cidadanía. Este é un dos obxectivos de Fundación Humana para incrementar a recollida selectiva do residuo téxtil en 2020. E é que en España refúgase anualmente un millón de toneladas de roupa (cada cidadán desfaise de entre 30 e 40 kg de téxtil ao ano, segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e a Axencia de Residuos de Cataluña), pero apenas un 10% chega a mans dun xestor autorizado; o resto (900.000 toneladas) acaba en vertedoiros onde non se pode aproveitar de ningún xeito. “É fundamental elevar o número de puntos de recollida para mellorar estes rexistros”, afirma Ricardo Rodríguez. A ratio actual é dun contedor de téxtil por cada 4.700 habitantes mentres que a proporción idónea é dun por cada 300-500.
O segundo gran obxectivo para 2020 é que o sector conte cun sistema homoxéneo de información que permita coñecer canto residuo téxtil se recupera, se reutiliza, se recicla ou se elimina en España. “A transparencia na trazabilidade en toda a cadea de valor é fundamental, así como visibilizar os destinos dos distintos fluxos de residuos”, defende o responsable de Humana, “a existencia de indicadores fiables é clave para o funcionamento e a credibilidade do sistema, así como para dar confianza á cidadanía”.
Ademais, a Fundación seguirá incidindo en potenciar o factor social nos pregos de contratación pública da xestión do téxtil.
O destino da roupa usada
As prendas depositadas nos contedores de Humana teñen dous destinos: preto do 90% trátase nas plantas de preparación para a reutilización da Fundación (en Madrid e Barcelona) e o resto véndese a empresas de reutilización e reciclado. O destino das prendas tratadas é:
- O 52 % destínase a reutilización: o 13 % a través das tendas secondhand de Humana en España e o 39% expórtase, principalmente a África, para ser vendido a prezos baixos e así xerar recursos para a cooperación ao desenvolvemento.
- O 37 % atópase nun estado que non permite a súa reutilización polo que se vende a empresas de reciclaxe téxtil para que elaboren outros produtos (mantas, illantes ou trapos para a industria de automoción)
- O 2 % son residuos impropios (plástico, cartón, outros) que se pon en mans dos xestores autorizados correspondentes.
- O 9% non se pode reutilizar nin reciclar nin valorizar enerxeticamente e envíase a un centro de tratamento de residuos para a súa disposición final.
Sobre Humana Fundación Pueblo para Pueblo
Humana Fundación Pueblo para Pueblo promove desde 1987 a protección do medio ambiente a través da reutilización de téxtil e leva a cabo programas de cooperación ao desenvolvemento en África, América Latina e Asia, así como de apoio local e agricultura urbana en España. Leva a cabo campañas de sensibilización en torno á importancia da reutilización e o reciclado de téxtil para a protección do medio ambiente e como fonte de recursos para a cooperación nos países do Sur. Conta con 650 empregados e forma parte da Federación Humana People to People, que agrupa a organizacións de 30 países.
Departamento de comunicación
Juan Carlos Montes
93 840 21 82 - 649 055 818
joancarles.montes@humana-spain.org
Rubén González
91 432 07 34 - 650 368 079
rubengonzalez@humana-spain.org
Twitter: @HumanaSpain