- Ambas entidades formalizaron un convenio para desenvolver accións conxuntas tomando como referente os eixes do proxecto LIBERA, isto é, o coñecemento, a prevención e a participación.
- A Fundación Reina Sofía colaborará con Alnitak, unha das alianzas científicas do proxecto LIBERA, no estudo 'Tartarugas oceanógrafas', mediante accións de marcaxe con emisores satélite sobre dúas tartarugas para coñecer a realidade do problema e previr estas graves situacións.
Cerceda, a 3 de xullo de 2019.-A Fundación Reina Sofía e o Proxecto Libera, promovido conxuntamente Ecoembes e SEO/BirdLife, renovaron a súa colaboración e abordarán un estudo a través do cal pretenden analizar o impacto do lixo nas tartarugas mariñas.
Neste marco, formalizaron un convenio para desenvolver accións conxuntas tomando como referente os eixes do proxecto LIBERA, isto é, o coñecemento, a prevención e a participación.
A Fundación Reina Sofía colaborará con Alnitak , unha das alianzas científicas do proxecto LIBERA no estudo 'Tartarugas oceanógrafas', que investiga o impacto da basuraleza nas tartarugas mediante accións de marcaxe con emisores satélite sobre dúas tartarugas para coñecer a realidade do problema e previr estas graves situacións.
Así mesmo, desenvolverá unha campaña de sensibilización co sector náutico de recreo no litoral español. Con tal fin, apoiará un proxecto piloto coa pesquería de cerco para coñecer a viabilidade da pesca de lixo a través da pesca de cerco dos atuneiros.
Tamén apoiará a campaña '1m2 pola natureza' a campaña de recollida de lixo en contornas naturais como ríos, praias, mares e montes. De feito, a súa Maxestade a Reina Sofía participou xa en dúas ocasións nestas iniciativas de retirada de basuraleza.
O vocal secretario da Fundación Reina Sofía, José Luís Nogueira, destacou que esta colaboración responde "ao desexo da súa Maxestade a Reina Doña Sofía, desde fai moito tempo, de apoiar e concienciar á sociedade, a través da súa Fundación, sobre a limpeza e coidado do medio ambiente, especialmente os mares neste caso".
Fonte e imaxe: Ecoticias
Saúdos, Departamento de Comunicación