- Arrincou o pasado martes, 29 de setembro, e as sesións terán lugar todos os martes, ata o próximo 3 de novembro.
- A iniciativa conta coa colaboración da Fundación Repsol e serán as empresas que xa están a traballar en proxectos de economía circular as verdadeiras protagonistas das distintas citas.
- O obxectivo é coñecer as oportunidades que ofrece a economía circular a partir de experiencias concretas e palpables, deixando atrás un modelo lineal de produción e consumo insostible baseado na extracción e consumo de recursos naturais, e a produción de refugallos, co conseguinte impacto económico e ambiental.
Cerceda, a 2 de outubro de 2020.- Funseam (Fundación para a Sostibilidade Enerxética e Ambiental) e Fundación Repsol organizan o ciclo de conferencias “Cara a unha economía circular. Oportunidades económicas no marco da transición enerxética”.
As sesións, que se desenvolverán en formato online, arrincaron o pasado martes, 29 de setembro, e estarán en vigor ata ao próximo 3 de novembro. Nas mesmas abordaranse, como temáticas centrais, a eficiencia e innovación nos procesos produtivos, as enerxías renovables e os novos materiais, a captura de CO2 e os novos patróns de consumo.
Xornalistas especializados en economía e enerxía serán os encargados de presentalas e moderalas, e as empresas que xa están a traballar en proxectos de economía circular serán as verdadeiras protagonistas das distintas citas.
No marco das novas estratexias, tanto a nivel comunitario como español, e tendo en conta a complejidad macroeconómica derivada da pandemia do COVID-19, as conferencias a impartir centraranse fundamentalmente nas oportunidades económicas asociadas á transformación dun modelo produtivo lineal, baseado na extracción de recursos naturais, o consumo dos mesmos e a produción de residuos (usar e tirar), co consiguiente impacto ambiental derivado da emisión de gases de efecto invernadero (GEI) ,cara a un máis sostible e circular.
A transición cara a unha economía circular pode ser a resposta para desvincular o desenvolvemento económico do consumo de recursos finitos. Nestes momentos resulta evidenteque a circularidade empezou a abrirse paso con novas solucións ao longo de todo o ciclo de vida dos produtos, e moitos proxectos e iniciativas empresariais en marcha demostran o seu enorme potencial para conciliar os obxectivos de crecemento económico e loita contra o cambio climático.
SESIÓNS
- 6 de outubro: Eficiencia e innovación en procesos produtivos.
- 13 de outubro: Enerxías renovables, materias primas alternativas e novos materiais.
- 20 de outubro: Oportunidades do dióxido de carbono como recurso e non como residuo.
- 27 de outubro: Novos patróns de consumo
- 3 de novembro: Reflexións finais para a definición das políticas públicas (sesión de clausura)
O horario, en todos os casos, será de 11:00 a 12:30 h.
Fonte e imaxe: Fundación para a Sostenibilidad Enerxética e Ambiental (FUNSEAM)