- A iniciativa Nutraceutical Omnium, que lidera a empresa AUSOLAN, conta coa participación do Centro Tecnolóxico GAIKER, Eroski, Basque Culinary Center e ISEA.
- O proxecto, cofinanciado polo FEDER, e cunha duración de tres anos, contempla diferentes accións, procedendo, en primeira instancia, á selección dos desperdicios alimentarios e os puntos de xeración, así como ao estudo dos ingredientes funcionais e principios bio-activos que conformarán a nova liña de produtos nutracéuticos.
- Acto seguido, realizarase unha síntese de produtos finais con altas concentracións de ingredientes funcionais e principios bio-activos, analizandoa mellora nutricional, así como o atractivo de uso dos prototipos nutracéuticos.
Cerceda, a 20 de xuño de 2019.- Se ben a prevención e a redución do desperdicio alimentario constitúe a máxima a seguir para minorar a cantidade de comida que acaba no cubo do lixo, un problema con graves consecuencias ambientais, económicas, sociais e morais, estúdase e investígase tamén a reutilización de residuos alimenticios para a xeración de produtos alimentarios de alto valor engadido.
E neste marco xorde a iniciativa Nutraceutical Omnium, que lidera a empresa AUSOLAN e na que participa o Centro Tecnolóxico GAIKER, Eroski, Basque Culinary Center e ISEA.
O proxecto, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e cunha duración de tres anos, contempla diferentes accións, procedendo, en primeira instancia, á selección dos desperdicios alimentarios (froitas, vexetais, peixes) e os puntos de xeración, estudando os ingredientes funcionais e principios bio-activos que conformarán a nova liña de produtos nutracéuticos.
Acto seguido, realizarase unha síntese de produtos finais con altas concentracións de ingredientes funcionais e principios bio-activos, analizando a mellora nutricional, así como o atractivo de uso dos prototipos nutracéuticos.
Neste sentido, cabe recordar que os nutracéuticos son suplementos dietéticos elaborados a partir de sustancias naturais bioactivas presentes nos alimentos, configurándose como unha nova categoría de produtos para o coidado da saúde baseados precisamente nos beneficios, cientificamente probados, de algúns nutrientes e compoñentes presentes nos alimentos de orixe vexetal.
Nutraceutical Omnium eríxese así nun proxecto de desenvolvemento tecnolóxico, de ecoinnovación e de promoción dunha nova iniciativa enfocada cara ao desenvolvemento de produtos de valor engadido a partir de residuos alimenticios.
O Centro Tecnolóxico GAIKER encárgase da realización dos estudos de interacción dos ingredientes alimentarios e de avaliación in vitro da eficacia e seguridade dos ingredientes funcionais e principios bioactivos obtidos dos extractos alimentarios e da súa caracterización. Isto permitiralle avaliar os extractos procesados obtidos e determinar posteriores desenvolvementos de I+D+i
GAIKER é un Centro Tecnolóxico cuxo cometido se orienta cara a investigación e a prestación de servizos tecnolóxicos e innovadores para as empresas, sendo as súas áreas de coñecemento a biotecnología, o medio ambiente, o reciclado, os plásticos e os composites.
Fonte: Gaiker
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación