- Foi presentada conxuntamente polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o Ministerio de Medio Ambiente de Alemaña no Cume de Acción Climática celebrada en Nova York.
- O seu obxectivo é fomentar o intercambio de prácticas innovadoras e exitosas a través de centros rexionais de sostibilidade recentemente deseñados e foros empresariais sostibles.
Cerceda, a 1 de outubro de 2019.- No marco do Cume de Acción Climática celebrada a pasada semana en Nova York e, co obxectivo de acelerar solucións de economía verde a nivel global, o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o Ministerio de Medio Ambiente de Alemaña presentaron a iniciativa GO for SDGs (Oportunidades Globais para os ODS-Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) coa que se pretende fomentar o intercambio de prácticas innovadoras e exitosas a través de centros rexionais de sostibilidade recentemente deseñados e foros empresariais sostibles.
O programa oriéntase aos tres principais grupos de axentes de cambio, isto é, responsables políticos, empresas e mozos/as. O seu fin último é aumentar a ambición para construír economías e sociedades inclusivas e sostibles ao mostrar enfoques exemplares dos países e fortalecer a capacidade de replicación en todas as rexións.
A través desta iniciativa compartiranse e poranse en común casos de éxito e difundiranse ferramentas e instrumentos cun historial positivo para apoiar un cambio total en relación aos estilos de vida, patróns de produción e enfoques cara á formulación de políticas para unha economía verde inclusiva.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación