- Así se deixou constancia no VIII Punto de Encontro contra o Desperdicio Alimentario, que tivo lugar a finais do pasado mes de setembro.
- A día de hoxe, o 71% dos produtores conta cunha política para o aproveitamento de alimentos e, por cada quilo ou litro que se produce en España, tan só se xeran 0,0004 kg/lt de residuos.
- En España desbotamos o 4,6% da comida que compramos, o que equivale a 26 millóns de quilos e litros de comida que acaba no lixo cada ano.
- Non obstante, está a crecer a concienciación cidadá nos fogares e o exemplo máis claro tivo lugar durante o confinamento ocasionado polo COVID-19, cando o desperdicio alimentario caeu un 14%.
Cerceda, a 13 de outubro de 2020.- A finais do pasado mes de setembro, e coincidindo co Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos decretado pola ONU, a Asociación de Fabricantes e Distribuidores (AECOC) celebrou o VIII Punto de Encontro contra o Desperdicio Alimentario.
No acto inaugural do evento, o director xeral de AECOC, José María Bonmatí, destacou a boa evolución que o desperdicio de alimentos experimentou no ámbito empresarial, que se exemplifica cos datos das compañías de distribución que forman parte do proxecto de AECOC e que representan máis do 80% de cota do mercado en España.
O informe ‘O desperdicio alimentario na industria e a gran distribución en España’, elaborado por AECOC, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e Valora Consultores, confirma esta tendencia positiva tamén entre os fabricantes: hoxe, o 71% dos produtores conta cunha política para o aproveitamento de alimentos e por cada quilo ou litro que se produce en España, tan só se xeran 0,0004 kg/lt de residuos.
Segundo datos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, en España desbotamos o 4,6% da comida que compramos, o que equivale a 26 millóns de quilos e litros de comida que acaba no lixo cada ano. “Aínda así, a tendencia está a mudar: en 2018 o desperdicio de alimentos nos fogares creceu un 9%, mentres que en 2019 esta subida quedouse nun 1%”
O exemplo máis claro sobre o crecemento da concienciación cidadá tivo lugar durante o confinamento ocasionado polo COVID-19, cando o desperdicio alimentario caeu un 14%.
O VIII Punto de Encontro de AECOC tamén foi o escaparate para as iniciativas máis innovadoras da industria orientadas ao aproveitamento de alimentos.
É o caso daStrategic Account Manager de CHR. Explicouse como a empresa de biociencia está a utilizar bacterias lácticas cos cultivos alimentarios FRESHQ para alongar de forma natural ata sete días a vida útil dos produtos lácteos e recuperar así ata 1,2 millóns de toneladas de iogur que acabaría desperdiciado ata 2022.
Segundo os datos de CHR. Hansen, o 20% dos produtos lácteos que se producen no mundo acaba desechado, e o 80% deste desperdicio é por motivos relacionados con a vida útil do produto.
Fonte: Retema
Imaxe: Pixabay