- Arrincará en Bruxelas o vindeiro luns, 30 de maio, e estenderase ata o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente
- Organizada pola Dirección Xeral de Medio Ambiente da CE, a Semana Verde representa unha oportunidade para debater e discutir as políticas ambientais europeas
Cerceda, a 25 de maio de 2022.- Todo preparado para a celebración da Green Week 2022. Organizada pola Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, a Semana Verde representa unha oportunidade para debater e discutir a política ambiental europea, constituíndo un atractivo para os responsables políticos, os principais grupos ecoloxistas e as partes interesadas, tanto da propia Unión Europea coma do resto do mundo.
Ao longo dos anos, esta cita veu facilitando a comprensión da lexislación ambiental comunitaria, ademais de alimentar os debates sobre o seu desenvolvemento e mellorar a imaxe xeral da UE entre os cidadáns.
A edición de 2022, que arrincará en Bruxelas o vindeiro luns, 30 de maio, e estenderase ata o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, centrarase no Pacto Verde Europeo, é dicir, a estratexia de crecemento sostible e transformador da UE para unha Europa climáticamente neutra e eficiente no uso dos recursos para 2050.
PROGRAMA
Para o 30 de maio, o programa contempla un diálogo de mozos con Virginijus Sinkevičius, comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, así como a entrega dos Premios VIDA.
Pola súa banda, o día 31 levarase a cabo un evento híbrido no que se porá de relevo tres aspectos importantes da transformación: a economía circular, a contaminación cero e a biodiversidade.
Durante o resto da semana materializaranse distintos eventos promovidos por organizacións asociadas de toda Europa, impulsando desta forma a participación e a contribución de todos os sectores.
Máis información en: https://ec.europa.eu/environment/eu-green-week-2022_en
Fonte e imaxe: Comisión Europea