- Convocado a través do Máster de Desenvolvemento Económico e Innovación (DEIN), busca fomentar o estudo académico nas áreas de innovación e economía circular desde o campo das ciencias económicas e sociais.
- As obras deben ser inéditas, escritas en galego, español ou inglés, incluídas as citas literarias, non ter sido premiadas noutros concursos nin tampouco publicadas ou difundidas na súa totalidade en ningún medio.
- No caso das teses doctorais e os traballos de investigación xa publicados ou defendidos, terán que ser reelaborados en título, estrutura e contido para evitar duplicidades.
Cerceda, a 30 de setembro de 2019.- A Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación (DEIN), convocou a segunda edición do Premio Internacional de Investigación en Innovación e Economía Circular, co que busca fomentar o estudo académico nestas dúas áreas desde o campo das ciencias económicas e sociais.
Poderán optar ao premio só as persoas físicas ou formando un equipo de investigación, así coma os autores de traballos de investigación de carácter internacional no ámbito das ciencias económicas e sociais vinculadas aos temas de innovación e economía circular.
As obras deben ser inéditas, escritas en galego, español ou inglés, incluídas as citas literarias, non ter sido premiadas noutros concursos nin tampouco publicadas ou difundidas na súa totalidade en ningún medio.
No caso das teses doctoraia e os traballos de investigación xa publicados ou defendidos, terán que ser reelaborados en título, estrutura e contido para evitar duplicidades.
Ademais da propia instancia de solicitude, os aspirantes deben remitir un orixinal do traballo, cunha estensión comprendida entre as 80 e as 120 páxinas, e un resumo executivo de 1.000 palabras. O documento remitido debe preservar en todo momento o anonimato.
O xurado avaliará o grao de orixinalidade e interese do traballo, a actualidade do tema, a precisión no uso de conceptos, métodos e terminoloxía, así como a relevancia do mesmo para futuras investigacións.
As consultas en relación ao premio deben dirixirse ao correo masterdein@usc.es
O prazo para a presentación de candidaturas rematará o próximo 16 de decembro.
Fonte: USC
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación