- En 2018 alcanzáronse as 571.900 toneladas, tendo reciclado cada cidadán 12,3 quilos de envases plásticos domésticos, 1 kg máis por habitante que o ano anterior e 9 veces máis que no ano 2000.
- A nivel europeo, España segue ocupando, por cuarto ano consecutivo, o segundo lugar no reciclado de envases plásticos no fogar, sendo un dos países que máis creceu.
- A economía circular dos envases plásticos funciona e a cadea de valor deste material incorpora cada vez máis os plásticos reciclados á fabricación de novos produtos.
Cerceda, a 23 de xullo de 2019.- A reciclaxe de envases plásticos segue en aumento segundo datos de Cicloplast. A cidadanía española contribuíu ao reciclaxe de 571.900 toneladas de envases plásticos no fogar durante 2018, o que representa un 9,6% máis que no ano anterior. Cada habitante reciclou 12,3 kg, 1 kg más que en 2017 e nove veces más que no ano 2000.
A nivel europeo, España segue ocupando, por cuarto ano consecutivo, o segundo lugar no reciclado de envases plásticos no fogar, sendo un dos países que máis creceu. Así se recolle no informe 2017 de EPRO (European Plastic Recycling and Recovery Organization), que posiciona a España por diante de países como Italia, Reino Unido e Francia.
A economía circular dos envases plásticos funciona e a cadea de valor deste material incorpora cada vez máis os plásticos reciclados á fabricación de novos produtos.
Tendo en conta todos os envases, tanto domésticos como comercias e industriais, en 2017 España xa alcanzou o índice de reciclado do 48%, moi próximo ao novo obxectivo marcado pola Unión Europea do 50% en 2025.
A innovación resulta prioritaria para alcanzar maiores cotas de recuperación e potenciar a circularidade dos plásticos. Para aqueles que teñen un máis difícil reciclado a través de medios mecánicos, estase avanzado no reciclado químico co fin de volver ao orixe dos plásticos, crear moléculas a partir de residuos e con estas moléculas fabricar novos plásticos.
O compromiso do sector dos plásticos coa prevención do litter tamén se evidenciou a través do traballo en diferentes liñas, tanto a nivel europeo como local e mundial, coa recentemente creada The Alliance to End Plastic Waste, toda vez que a problemática do lixo é global.
Diversos estudos apuntan a que soamente o 1% destes residuos procede de Europa e o 50% do litter mundial é xerado tan só por cinco países asiáticos, que non dispoñen de sistemas eficientes de xestión de residuos. Está demostrado que o 80% dos refugallos proceden de terra.
SOBRE CICLOPLAST
Creada en 1996 polos industriais dos plásticos, produtores e transformadores para impulsar a prevención, o reciclado e a xestión sostible dos plásticos ao final da súa vida útil, é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa en distintas liñas de actividade: colaborando coas Administracións Públicas, traballando en proxectos de I+D+i e Economía Circular, en actividades de educación y sensibilización ambiental e no intercambio de coñecementos a nivel internacional no marco da asociación europea EPRO (European Association of Plastics Recycling & Recovery Organizations).
Fuente e imaxe: Cicloplast
Saúdos, Departamento de Comunicación