- As microesferas plásticas foron substituídas por fórmulas sostibles con sementes ou compostos mineraiz ou outros ingredientes non plásticos e máis respectuosos co medio ambiente.
- O sector adiántase así ás esixencias do anteproxecto da Lei de Residuos e Solos Contaminados, que prohíbe a comercialización de cosméticos que conteñan microplásticos engadidos intencionalmente a partir do 3 de xullo de 2021.
Cerceda, a 15 de xuño de 2020.- Desde 2018, e segundo a Asociación Nacional de Perfumería e Cosmética (Stanpa), a industria cosmética eliminou o 97,6% das microesferas plásticas en produtos que se aclaran, o que representa máis de 4.250 toneladas de microplásticos substituídos e eliminados.
A Axencia Europea de Produtos Químicos (ECHA) propuxo a restrición do uso das microesferas plásticas engadidas en diversos artigos de consumo e de uso profesional en 2020 como data límite. Non obstante, o sector asegura que a achega dos cosméticos á presenza de microesferas plásticas nos océanos supón, como máximo, entre o 0,1% e 1,5%.
Froito deste compromiso desapareceron, entre outros, os exfoliantes con microesferas plásticas, que foron substituídas por fórmulas sostibles con sementes ou compostos minerais ou outros ingredientes non plásticos, ou as pastas de dentes con granulados plásticos, que foron reemprazados por outras opción máis respectuosas co medio ambiente.
Esta anticipación supón afrontar con antelación as esixencias do anteproxecto de Lei de Residuos e Solos Contaminados, xa que este prohíbe a comercialización de cosméticos que conteñan microplásticos engadidos intencionalmente a partir do 3 de xullo de 2021.
Así mesmo, desde o sector afirman que dúas de cada tres empresas reducen os residuos dos seus produtos a través do ecodeseño de envases, e cada vez son máis as compañías cosméticas que desenvolven produtos máis sostibles.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay