- Segundo datos do INE, en 2018 superou os 2.600 millóns de euros, dos que preto dun 40% investíronse en xestión de residuos.
Cerceda, a 31 de xullo de 2020.- Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), o gasto da Industria española en protección medioambiental creceu en 2018 un 4,2% sobre o exercicio anterior, elevándose a 2.626 millóns de euros, cifra que representa o 0,4% do montante de negocios do sector. Os ámbitos nos que esta proporción foi máis elevada foron Química e farmacéutica (0,78%) e Papel, artes gráficas e reprodución de soportes gravados (0,72%).
A xestión de residuos posicionouse como a área que experimentou o maior crecemento anual, con 1.014 millóns de euros, supoñendo o 38,6% do total. Tamén foi a que rexistrou o maior gasto corrente, con 952,7 millóns de euros.
Os sectores que, en 2018, concentraron o maior gasto total en protección ambiental foron Alimentación, bebidas e tabaco (23,8% do total), Química e farmacéutica (17,2%) e Metalurxia e fabricación de produtos metálicos (15,0%).
O gasto total aumentou un 4,2% respecto do ano anterior e o de maior taxa de variación anual foi Madeira e corcho, cun 40,5%, seguido da Maquinaria e equipo cun 23,0%.
Por tipo de gasto, os sectores que concentraron o maior gasto corrente en protección ambiental están na Alimentación, bebidas e tabaco (28,0% do total), Química e farmacéutica (16,7%), e Metalurxia e fabricación de produtos metálicos (15,4%).
No caso dos investimentos, destacou o ámbito de Protección do aire e o clima, con 381,4 millóns de euros.
Fonte: INE
Imaxe: Pixabay