- Se ben apoia as novas normas, reclama coherencia entre os obxectivos a fin de definir que precisa a cadea de valor para investir e ampliar as súas capacidades
- EuRIC demanda unha contorna normativa que permita aos recicladores prosperar e reinvestir en Europa.
Cerceda, a 6 de decembro de 2022.- Se ben a Confederación Europea de Industrias da Reciclaxe (EuRIC) considera que o Regulamento proposto sobre envases e residuos de envases (PPWR) establece un marco sólido para impulsar a reciclaxe, tamén advirte que a eliminación gradual dos envases non reciclables debe axilizarse drasticamente se a UE quere estar á altura das súas ambicións climáticas e de economía circular.
Así mesmo, lamenta a falta de ambición en canto aos obxectivos de reciclabilidade, argumentando que o ecodeseño, que permite que os envases se reciclen máis facilmente, debe acelerarse para a súa implementación antes de 2025, non de 2030, e que os requisitos para garantir a súa recollida e clasificación debe instaurarse para 2030, non para 2035.
A reciclaxe ofrece solucións á crise climática ao diminuír a nosa demanda de materias primas extraídas, reducindo así as emisións de CO2, o consumo de enerxía e auga. Con todo, EuRIC demanda unha contorna normativa que permita aos recicladores prosperar e reinvestir en Europa. Así o manifestou Emmanuel Katrakis, secretario xeral da Confederación Europea de Industrias da Reciclaxe: “O Regulamento proposto é un paso na dirección correcta pero non vai o suficientemente lonxe para eliminar o uso de envases non reciclables”, aseverou.
Aínda que os recicladores apoian as normas que esixen o uso de materiais reciclados en novos envases, requiren obxectivos máis ambiciosos para as botellas de bebidas e os envases sensibles sen contacto, incluídos os envases compostables.
A demanda adicional de materiais reciclados impulsada por estes obxectivos permitirá aos recicladores reinvestir en innovación e melloras nas propias instalacións de reciclaxe para abordar o cambio climático e avanzar cara a economía circular.
Tamén apoian obxectivos que promovan a reutilización de envases, pero consideran de suma importancia garantir a coherencia entre os mesmos e brindar a certeza que necesita a cadea de valor para investir e ampliar as capacidades.
Igualmente, consideran que se debe facer unha distinción entre aqueles materiais que son altamente reciclables, pero non necesariamente os máis aptos para a súa reutilización, por exemplo, o papel e cartón, e aqueles que son máis aptos para a súa reutilización.
Fonte: EuRIC
Imaxe: Pixabay