- Creou o programa Operation Clean Sweep®, OCS co obxectivo de poñer coto a esta problemática.
- EuPC e PlasticsEurope asinaron un acordo de colaboración a fin de desenvolver conxuntamente, de aquí a 2022, un sistema de certificación, dando un novo paso para harmonizar este programa.
- En España xa hai 235 instalacións adheridas a OCS e 12 están certificadas.
Cerceda, a 29 de xaneiro de 2021.- Dado que a perda de granza de plástico (en forma de pellets, escamas ou po) pode producirse de forma involuntaria en calquera das etapas da cadea de valor (produción, manipulación, transporte, transformación e reciclado), creouse o programa Operation Clean Sweep®, OCS co obxectivo de poñer coto a esta problemática.
EuPC, a asociación europea de transformadores de plásticos (na que se integra ANAIP) e PlasticsEurope, a asociación que representa aos produtores de materias primas plásticas – impulsores de OCS en Europa – asinaron un acordo de colaboración a fin de desenvolver conxuntamente, de aquí a 2022, un sistema de certificación, dando un novo paso para harmonizar este programa.
Desta forma, todas as empresas adheridas a OCS poderán ser auditadas periódicamente por entidades terceiras acreditadas para verificar que cumpren as condicións do programa.
Como licenciataria do programa en España e pioneros na implementación dun esquema de certificación de OCS a nivel nacional, ANAIP (Asociación Española de Transformadores de Plásticos) participa nos grupos de traballo que desenvolven o esquema de certificación europeo, aportando a experiencia que xa ten no noso país.
O pasado 11 de decembro, PlasticsEurope, xunto con ANAIP, organizaron unha xornada baixo o lema Sumate Al Reto #CeroPerdidasDeGranza para promover a adhesión ao programa e acelerar a súa implementación no sector. Na sesión, empresas de distintos elos da cadea dos plásticos que xa se sumaron ao programa, compartiron as súas experiencias e boas prácticas en materia de OCS.
Actualmente en España, este programa está implementado en 235 instalacións, e 12 delas xa están certificadas por AENOR.
Fonte e imaxe: IDE