- ASPAPEL, en representación da industria papeleira do noso país, atópase entre as máis de 30 entidades firmantes da iniciativa promovida polos CEO do sector, a través da cal se perfila a estratexia a seguir para lograr este obxectivo.
- Os actuais logros da industria papeleira, que garantiu a sostibilidade das súas materias primas e mellorou o rendemento dos seus procesos con produtos baixos en carbono, constitúe o mellor aval para emprender este camiño.
Cerceda, a 27 de novembro de 2019.- ASPAPEL (Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón), en representación da industria papeleira do noso país, atópase entre as máis de 30 entidades firmantes da iniciativa promovida polos CEO da industria da celulosa e o papel en Europa, a través da cal se perfila a estratexia a seguir para alcanzar en 2050 a neutralidade climática en Europa; un camiño que se sustenta precisamente nos actuais logros da industria papeleira, que garantiu a sostibilidade das súas materias primas e mellorou o rendemento dos seus procesos con produtos baixos en carbono.
A declaración foi entregada en Bruxelas a Clara De La Torre, Directora Xeral Adxunta da DG CLIMA, e Timo Pesonen, Director Xeral da DG CRECEMENTO (DG GROW) da Comisión Europea.
Neste sentido, ponse de relevo que a materia prima utilizada é a fibra de celulosa procedente da madeira, que é intrinsecamente renovable ao extraerse de fontes forestais adecuadamente xestionadas. É por isto que o sector contribuíu a crear unha serie de programas para a certificación da sostibilidade dos bosques en toda Europa, como PEFC e FSC, e a promover igualmente as prácticas de xestión forestal sostible.
Así mesmo, conseguiu unha descarbonización dos seus procesos de produción do 27% desde 2005 ata a data e está a investir con este fin a un ritmo superior aos cinco mil millóns de euros anuais, comprometéndose a facer que os procesos de produción sexan máis eficientes, así como diminuír a súa pegada de carbono global grazas ás novas tecnoloxías e ás solucións innovadoras.
Adicionalmente, o sector colabora coas autoridades locais para mellorar a recollida selectiva de papel e cartón, propiciando desta forma o uso de fibras recicladas en novos produtos. Actualmente, a industria papeleira europea traballa en solucións innovadoras e sostibles para unha gama de novos sectores como o téxtil, a través de novos bioprodutos.
Co fin de facer realidade esta ambición, o sector solicita o apoio dos responsables políticos europeos para establecer un marco lexislativo apropiado:
• Mellor acceso ao mercado de bioprodutos reciclables, a través dunha política de produto coherente e un marco claro para a nova bioeconomía.
• Maior apoio á xestión sostible dos bosques e aos sistemas de reciclaxe: estas biomaterias primas deberían estar máis facilmente dispoñibles e accesibles.
• Un marco regulador coherente, estable e predicible, con fitos claros para unha transición enerxética a custos competitivos e para promover e recompensar os investimentos en descarbonización e garantir o acceso á enerxía limpa.
O obxectivo último é empoderar aos consumidores, os cales obterán unha maior variedade de produtos baixos en carbono, facilmente dispoñibles e asequibles
Fonte e imaxe: ASPAPEL
Saúdos, Departamento de Comunicación