- Máis da metade (58%) pensa que debe acelerarse a transición cara a unha economía ecolóxica
- O 88% cre que deberían reducirse ao mínimo as emisións de gases de efecto invernadoiro e compensarse as emisións restantes, de modo que a UE sexa climáticamente neutra de aquí a 2050
- O 87% considera importante que Europa estableza obxectivos ambiciosos para aumentar o uso das enerxías renovables
Cerceda, ao 4 de setembro de 2023.- A inmensa maioría dos europeos (93%) cre que o cambio climático é un grave problema para o mundo, segundo unha nova enquisa do Eurobarómetro (20 de xullo de 2023).
Máis da metade (58%) pensa que debe acelerarse a transición cara a unha economía ecolóxica ante as subidas dos presos da enerxía e a preocupación pola subministración de gas logo da invasión rusa de Ucraína.
Desde unha perspectiva económica, o 73% dos europeos está de acordo en que o custo dos danos provocados polo cambio climático é moi superior ao dos investimentos necesarios para a transición ecolóxica, e tres cuartas partes coinciden en que a adopción de medidas en materia de clima conducirá á innovación.
O 88% cre que deberían reducirse ao mínimo as emisións de gases de efecto invernadoiro e compensarse as emisións restantes, de modo que a UE sexa climáticamente neutra de aquí a 2050, e o 87% considera importante que a UE estableza obxectivos ambiciosos para aumentar o uso das enerxías renovables.
Pola súa banda, o 85% ve relevante que Europa adopte medidas para mellorar a eficiencia enerxética (por exemplo, animando ás persoas para illar os seus fogares, a instalar paneis solares ou a adquirir coches eléctricos) e o 70% entende que diminuír as importacións de combustibles fósiles pode mellorar a seguridade enerxética e beneficiar á UE desde o punta de vista económico.
Acción individual e gobernamental
A maioría dos cidadáns da UE xa están a tomar medidas en materia de clima no seu ámbito persoal (o 93%) e optando conscientemente pola sostibilidade na súa vida cotiá. Con todo, á pregunta de a quen incumbe a loita contra o cambio climático, fan fincapé na necesidade doutras reformas que complementen a acción individual e sinalan tamén a responsabilidade dos gobernos nacionais da UE (o 56%) e das empresas e a industria (o 53%).
Igualmente, os europeos perciben a ameaza do cambio climático na súa vida cotiá. Máis dun terzo séntese persoalmente exposto a riscos e ameazas relacionados co clima e o medio ambiente. O 84% está de acordo en que abordar o cambio climático e as cuestión ambientais debe ser unha prioridade para mellorar a saúde pública, mentres que o 63% coincide en que a preparación fronte aos efectos do cambio climático pode ter resultados positivos para a poboación.
Fonte e imaxe: Centro de Documentación Europea. Universidade de Granada