- Ponse en marcha a iniciativa LIBERA Makers, sendo o seu obxectivo promover o deseño de solucións innovadoras para facer fronte á basuraleza.
- Enmarcada no proxecto LIBERA, impulsado conxuntamente por SEO/BirdLife e Ecoembes, quere animar aos estudantes de Formación Profesional a idear e deseñar ferramentas eficaces que superen as dificultades técnicas actuais.
- Entre todos os centros candidatos, seleccionaranse 60, que serán invitados a participar nunhas xornadas de traballo, dispoñendo dun prazo de catro meses a partir das mesmas para idear e crear os seus prototipos.
- En maio de 2020 daranse a coñecer os 20 mellores proxectos, dos cales elixiranse tres, que recibirán premios en metálico destinados a material escolar.
Cerceda, a 6 de novembro de 2019.- LIBERA, o proxecto promovido conxuntamente por SEO/BirdLife e Ecoembes, impulsou unha nova iniciativa denominada “LIBERA Makers” para facer fronte á basuraleza (lixo abandonado na contorna natural).
Desenvolvida en colaboración con centros de Formación Profesional de toda España, pretende capacitar aos futuros profesionais no deseño de solucións innovadoras que teñan un impacto favorable no medio ambiente e a economía circular.
Neste escenario, LIBERA Makers quere animar aos estudantes a idear e deseñar ferramentas eficaces que superen as dificultades técnicas actuais e que respondan a dous grandes retos: crear un prototipo que impida que os residuos cheguen á natureza e que os voluntarios (Heroes LIBERA) que contribúen a retirar refugallos abandonados no medio natural, poidan utilizar técnicas máis eficientes.
ALCANCE E PROCESO DE SELECCIÓN
A convocatoria está aberta a todos os centros en España que imparten formación de Técnico en sistemas microinformáticos e de redes, Técnico en instalacións de telecomunicacións, Técnico en mecanizado ou Técnico en aproveitamento e conservación do medio natural.
Entre todos os centros candidatos, seleccionaranse 60, que serán invitados en xaneiro de 2020 a participar nunhas reunións organizadas en Bilbao, Sevilla e Madrid, e que servirán para orientar aos mozos no programa. A partir destas reunións de traballo, os alumnos disporán de catro meses para idear e crear os seus proxectos.
Co fin de acompañalos nesta etapa, LIBERA Makers porá á súa disposición unha titorización online personalizada, así como un programa formativo colaborativo cunha plataforma MOOC incluíndo catro módulos que culminarán coa impresión en 3D dos seus prototipos.
Finalmente, os 20 mellores acudirán en maio a un gran evento onde se exhibirán todos os proxectos e porase en valor o traballo realizado por todos os alumnos participantes. Acto seguido, elixiranse aos tres gañadores da primeira edición de LIBERA Makers, que recibirán 3.000 €, 2.000 € e 1.000 € para os tres primeiros clasificados en material escolar.
Pola súa banda, o resto dos participantes poderá gozar dunha experiencia na natureza da man de LIBERA.
Toda a información en https://proyectolibera.org/libera-makers/
https://proyectolibera.org/libera-makers/
Fonte e imaxe: Ecoembes
Saúdos, Departamento de Comunicación