- O traballo enmárcase no proxecto europeo Life-REPOLYUSE, liderado pola Universidade de Burgos, tendo desenvolvido un prefabricado en forma de placa para teitos desmontables con propiedades similares aos estándares actuais, pero con importantes beneficios ambientais.
· Os investigadores aseguran que se poderían recuperar nos primeiros anos de lanzamento da iniciativa 75 toneladas de residuo de espuma de poliuretano, o que se traduce nun menor gasto de materias primas, aforro en auga e unha redución do 31% no uso de yeso.
Cerceda, a 19 de outubro de 2020.- Recentemente presentáronse os resultados do proxecto europeo Life-REPOLYUSE, que arrincou en 2017 e lidera a Universidade de Burgos (UBU), sendo o seu obxectivo desenvolver un novo material de construción máis sostible a partir de residuos de poliuretano, toda vez que, a día de hoxe, son xestionados como refugallos inertes ou recuperados mediante técnicas ambientalmente pouco eficientes.
No marco desta iniciativa xestouse un prefabricado en forma de placa de yeso para teitos desmontables. A tecnoloxía implementada permitiu fabricar un novo material cunhas características similares aos estándares comerciais actuais, véndose melloradas nalgunhas facetas, como o menor peso (-30%), o que se traduce nunha redución de 400 kg por pallet, unha mellora importante para o seu transporte.
Os investigadores aseguran que se poderían recuperar nos seus primeiros anos de lanzamento 75 toneladas de residuo de espuma de poliuretano, o que se traduce nun menor gasto de materias primas, aforro en auga e unha redución do 31% no uso de yeso.
A Análise do Ciclo de Vida deste novo material concluíu que, en comparación cun produto estándar, ten importantes beneficios en aforro de CO2 (case un 20%) e menor gasto de enerxía nos seus procesos de fabricación (-17%). Igualmente, podería evitar o vertido en 1.615 m3.
A tecnoloxía xa foi aplicada en tres edificios pilotos, e, segundo a coordinadora do proxecto, o produto cumpre con toda a normativa da Unión Europea e atópanse tramitando a ecoetiqueta
A investigación entra agora en fase de comercialización.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay