- Un Comité Científico e Técnico no que se integran 40 expertos internacionais de recoñecido prestixio, asume agora a ardua tarefa de identificar as propostas de maior interese e que, polo tanto, terán cabida neste evento.
- Máis da metade dos papers recibidos proceden de países europeos, distribuíndose o resto entre Sudamérica, Asia, África, Norteamérica e Oceanía.
- O prazo de inscrición para a asistencia a este evento, no que se agarda a participación de 1.500 expertos, xa está aberto, tendo lugar do 7 ao 9 de outubro en Bilbao.
- ATEGRUS, á súa vez Membro Nacional de ISWA en España, asume a organización do congreso, punto de referencia para o sector dos residuos e para a sostibilidade do noso país no seu conxunto.
Cerceda, a 12 de abril de 2019.- ISWA 2019, Congreso internacional por excelencia no ámbito dos residuos, arranca cun aperitivo inmellorable. A organización recibiu preto de medio milleiro de papers que serán analizados, avaliados e seleccionados por un Comité Científico e Técnico no que se integran 40 expertos internacionais de recoñecido prestixio e ao que agora lle toca a ardua tarefa de identificar as propostas de maior interese e que, polo tanto, conseguirán facerse un oco na próxima edición. Unha cita que xa alcanza a número 29 e que terá lugar en Bilbao entre os días 7 e 9 de outubro do ano en curso (Pazo de Congresos Euskalduna).
As temáticas abordadas nos papers foron diversas, concentrando maior atención a área de cidades sostibles, se ben as propostas vinculadas ás tecnoloxías de recollida, transporte e tratamento de residuos, ao cambio climático, á innovación social, ás tecnoloxías dixitais e aos residuos plásticos mariños tamén foron numerosas.
“Economía circular. Que estás facendo ti?” Eslogan sobre o que xirará o congreso e ao que os papers recibidos debían dar resposta. O comité intentará buscar un equilibrio entre todas as temáticas referenciadas e contempladas no programa do congreso, e aportar as cuestións que poidan ter especial relevancia no ámbito da xestión dos residuos, a economía circular, o cambio climático e a eficiencia dos recursos.
Máis da metade dos papers recibidos proceden de países europeos e o resto distribúense entre Sudamérica, Asia, África, Norteamérica e Oceanía. E se atendemos aos países emisores de propostas, España ocupa o primeiro posto no ranking, seguido por Brasil e Estados Unidos respectivamente.
A seis meses da cita en Bilbao, o prazo de inscrición xa está aberto, ofrecendo condicións moi vantaxosas https://iswa2019.org/registration/. Agárdase a asistencia de 1.500 expertos e visitantes de distintos puntos do mundo.
Ademais de divulgar as últimas novidades do sector, ISWA pretende servir de soporte e cimento para a creación de redes, propiciando o contacto directo con potenciais clientes, así como con responsables políticos, científicos, técnicos e empresarios. Un marco único no que o intercambio de coñecementos e experiencias eríxese nunha prioridade para dinamizar o sector dos residuos e propiciar que este gañe en presenza, en eficiencia e en innovación.
Menos residuos e máis recursos constitúe o espírito dun evento no que se integra de cheo a economía circular como modelo de desenvolvemento cara ao que necesariamente se deben transitar para preservar os xa escasos e limitados recursos naturais.
A Asociación Técnica Española para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente, ATEGRUS, á súa vez Membro Nacional de ISWA en España, asume a organización deste congreso, punto de referencia para o sector dos residuos e para a sostibilidade do noso país no seu conxunto.
Toda a información en https://iswa2019.org/
Saúdos, Departamento de Comunicación