- O evento ofrecerá sesións plenarias de alto nivel e un amplo programa científico integral que se complementará con visitas técnicas e un calendario de encontros entre os participantes
- O obxectivo do congreso é enxalzar o papel crave que o sector da xestión de residuos e recursos ten na transición cara á economía circular e como podería contribuír a abordar a tripla crise planetaria
Cerceda, a 22 de maio de 2023.- Baixo o lema “Acción global cara a un futuro neto cero”, ISWA celebrará a edición número 39 do seu Congreso anual e farao en Oriente Medio, concretamente en Mascate (Omán), durante 3 días: do 30 de outubro ao 1 de novembro do ano en curso.
O evento ofrecerá sesións plenarias de alto nivel e un amplo programa científico integral que poñerá de relevo o impacto socioeconómico da redución e a reciclaxe de residuos, a protección do medio ambiente e a saúde, a seguridade, as políticas de mitigación do cambio climático, o impulso da eficiencia dos recursos e a economía circular, a adopción de novas tecnoloxías, a promoción do bo goberno e a consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible.
O programa compleméntase con visitas técnicas e un calendario de encontros no que profesionais da xestión de residuos, funcionarios gobernamentais, líderes da industria, responsables políticos, científicos e novos profesionais intercambiarán puntos de vista e opinións para avanzar, científica e tecnicamente, na xestión sostible dos residuos.
En todo caso, o obxectivo do congreso é poñer de relevo o papel crave que o sector ten na transición á economía circular e a súa contribución á hora de abordar a tripla crise planetaria, isto é, lograr a neutralidade climática, a contaminación cero e deter a perda de biodiversidade.
Sobre ISWA
A Asociación Internacional de Residuos Sólidos é unha rede internacional de profesionais e expertos do sector cuxa misión é "Promover e desenvolver unha xestión de residuos sostible e profesional en todo o mundo e unha transición cara a unha economía circular". Con tal fin, reúnen periodicamente a expertos de moi distintos países para establecer contactos, crear mellores prácticas, elaborar informes industriais e publicar a súa propia revista científica Waste Management and Research.
https://www.iswa2023.com/programme-at-a-glance/
Fonte e imaxe: ISWA
Saúdos, Departamento de Comunicación