- Con esta iniciativa preténdese medir as aspiracións e preocupacións deste colectivo no sector, tendo en conta factores tales como as súas procedencias e as particularidades dos seus países.
Cerceda, a 21 de xaneiro de 2022.- O Grupo de Traballo de Mulleres cos Residuos (WOW! l, Women of Waste) de ISWA (Asociación Internacional de Residuos Sólidos) lanzou a súa segunda enquisa global co fin de posicionar ás mulleres no centro de atención.
O grupo considera que hai mulleres pioneiras, activistas, investigadoras, formuladoras de políticas, así como xerentes de alto nivel e ministras de goberno ás que debería darse maior visibilidade, toda vez que nalgúns territorios enfróntanse aínda a desafíos culturais e roles de xénero, entre outros condicionantes.
Con esta iniciativa preténdese medir as aspiracións e preocupacións deste colectivo no sector dos residuos, tendo en conta factores tales como as súas procedencias e as particularidades dos seus países.
Na enquisa pregúntaselles cuestións relacionadas coa súa experiencia laboral, así como as necesidades que teñen identificadas para poder avanzar e prosperar.
«Nun momento no que prestamos servizos vitais para a saúde dos hábitats e a economía circular, non ten sentido que ningunha parte da man de obra se vexa freada. Os resultados da enquisa poden axudar a identificar as lagoas, os obstáculos e as prioridades que hai que abordar”, asegurou Maria Tsakona, líder do grupo de traballo de WOW!.
Para elaborar as preguntas,. WOW! baseouse nas últimas directrices de boas prácticas da plataforma EMERGE Evidence- based Measures of Empowerment for Research on Gender Equality), e contouse coa colaboración dun grupo de expertos con ampla experiencia en temas sociais e de empoderamento profesional.
Tsakona subliñou que «necesitamos datos de calidade, polo que agardamos que moitos membros de ISWA apoien a enquisa e compartan a ligazón ao longo e ancho do mundo».
SOBRE ISWA
ISWA é unha rede internacional de profesionais e expertos en residuos de todo o mundo cuxa misión está orientada a "promover e desenvolver unha xestión de residuos sostible e profesional, e contribuír á transición a unha economía circular". Para isto reúne a expertos en residuos de todo o mundo a fin de establecer contactos, crear mellores prácticas, elaborar informes de carácter industrial e publicar a súa propia revista científica” Waste Management anda Research”.
Fonte e imaxe: miresiduo.org