- O acto de entrega dos Premios Medio Ambiente Aproema, que alcanzaron a súa VI Edición, enmarcouse no II Foro CEP Empresa Sostible, que onte tivo lugar en Vigo e que contou coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, entre outras autoridades
- Estes galardóns, tal e como sinalou a presidenta de Aproema, Arancha Mañas, non só celebran logros pasados, senón que tamén inspiran a outras empresas, institucións educativas e entidades a seguir o camiño cara a un futuro máis sostible
Cerceda, a 29 de novembro de 2023 .– Onte celebrouse en Vigo, no marco do II Foro CEP Empresa Sostible, o acto de entrega dos VI Premios Medio Ambiente APROEMA, no que participaron destacadas personalidades, representantes institucionais e líderes do ámbito ambiental.
Creados en 2012, estes galardóns, de carácter bienal, teñen por obxecto destacar as accións en favor do medio ambiente e impulsar deste xeito a conciencia ambiental, así como fomentar as actividades para a mellora do medio ambiente a través do recoñecemento público a un labor meritorio realizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
O Comité de Honra dos Premios, presidido pola S.M. o Rei Don Felipe VI, contou coa participación de diversas personalidades, incluíndo ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; Ángeles Vázquez Mejuto, vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Alberto Varela, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias; Javier Domínguez Lino, presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente; Antonio López, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela; e Arancha Mañas, presidenta de APROEMA.
A avaliación e selección dos galardoados estivo a cargo dun xurado composto por representantes destas institucións, garantindo a imparcialidade e a excelencia na elección dos premiados.
Proxectos galardoados
- Categoría empresas:
Premio a Coca-Cola Europacific Partners por “Mares Circulares”, que recolleu María Sande, xefa de Comunicación de Coca-Cola Europacific Partners, de mans de Jorge Cebreiros Arce, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra.
Accésit a Insertega por “Transformación de residuos téxtiles en materia prima de novos procesos”, que recibiu o seu director xeral, Juan Meijide, encargándose Santiago Cristín, vicepresidente de Aproema, de efectuar a entrega.
- Categoría entidades públicas:
Premio ao Concello de Carballo por “Carballo 2030”, que recolleu Miguel Ángel Vales Mallo, concelleiro de servizos, medio ambiente, praias e protección civil, e entregou Bruno de LLano Gómez-Ulla, Especialista en Xestión local e autonómica de Ecoembes
- Categoría entidades privadas:
Premio á Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN), que recibiu o seu presidente Wilson Fernandez Milar, de mans do presidente de Sogama, Javier Domínguez.
- Categoría centros académicos:
Premio a "Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense” polo seu proxecto "25 anos de Ecovixiancia”. Recolleu Gonzalo Sánchez Busons, Coordinador Ambiental, e entregou Ángeles Vázquez Mejuto, vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
- Recoñecemento á Excelencia Ambiental: Corporación Hijos de Rivera, que recolleu Emiliano Matur Barelli, director de Augas e Sostibilidade, e entregou Arancha Mañas, presidenta de APROEMA.
Estes premios, tal e como sinalou Mañas, non só celebran logros pasados, senón que tamén inspiran a outras empresas, institucións educativas e entidades a seguir o camiño cara a un futuro máis sostible. APROEMA reafirma así o seu compromiso de recoñecer e apoiar iniciativas que contribúen ao benestar do medio ambiente e a sociedade no seu conxunto.
Fonte e imaxes: APROEMA