- Celebrarase mañá e pasado, 12 e 13 de abril, no Palexco de A Coruña, e no mesmo analizaranse os desafíos e retos aos que se enfronta Galicia en distintos ámbitos, como é o caso dos ODS da Axenda 2030
- O simposium contará coa intervención do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, así coma outros altos cargos
- A participación do presidente de Sogama terá lugar durante a tarde do día 12, concretamente na sección de industria
Cerceda, a 11 de abril de 2023.- O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, foi convidado a participar no II Foro Económico Español “La Galicia que viene”, que se celebrará no Palexco da Coruña os próximos días 12 e 13 de abril.
Organizado por Eñ Español, xunto a Quincemil e Treintayseis, este simposio contará coa intervención do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ademais doutros altos cargos do goberno autonómico, como é o caso do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e tamén alcaldes das grandes cidades galegas e profesionais relevantes de grandes e medianas empresas.
O progama deste evento aglutina diferentes sesións nas que se analizarán os desafíos e retos aos que se enfronta Galicia en distintos ámbitos, como son a política e a economía, a sanidade, a industria e o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.
A participación do máximo responsable de Sogama terá lugar durante a tarde do día 12, concretamente na sección de Industria, que abrirá o vicepresidente da Xunta e na que se sucederán unha serie de mesas redondas e conversacións con actores relevantes en áreas tales coma o aproveitamento dos recursos de Galicia, portos, enerxías renovables e dixitalización e industria.
Saúdos, Departamento de Comunicación