- Terá lugar mañá, 30 de xaneiro, entre as 10:00 e as 12:30 horas, na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en Santiago de Compostela.
O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, participará mañá, 30 de xaneiro, nunha mesa redonda que, baixo o título “O papel dos xestores de residuos na Axenda 2030”, promove APROEMA (Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia) e que terá lugar, entre as 10:00 e as 12:30 horas, na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en Santiago de Compostela.
Na mesma debaterase o papel da xestión dos residuos dentro do marco da Axenda 2030, en concreto o obxectivo 12 "Produción e Consumo Responsables", cuxo fin é promover modalidades de consumo e produción sostibles para minimizar a xeración de residuos mediante a prevención, a redución, a reutilización e a reciclaxe.
Xunto con Domínguez, formarán parte deste encontro, María Cruz Ferreira Costa, Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia; Fernando Blázquez Andrés, Xerente da Zona Norte de Ecoembes; David González Campos, como Vogal de Residuos Biodegradables e orgánicos da Xunta Directiva de Aproema, e propia Presidenta da Asociación, Maruxa Pérez Vázquez.