- Segundo un informe de G-Advisory (Grupo Garrigues), existe unha importante diferenza entre as emisións de GEI derivada da valorización enerxética e do depósito en vertedoiros.
- O vertido de residuos urbanos en España xera case 10 millóns de toneladas de CO2 e, equivalente á contaminación anual dun parque automobilístico de 3,51 millóns de vehículos.
- A valorización enerxética permite reducir o volume de refugallos que terminan en vertedoiro nun 90%.
Madrid, 18 de maio de 2021.- A pegada de carbono da valorización enerxética é claramente menor que a asociada á eliminación en vertedoiro. Así o manifesta G-Advisory, firma de asesoramento independente do Grupo Garrigues, nun informe encargado por Aeversu, a Asociación de Empresas de Valorización Enerxética de Residuos Urbanos, sobre o impacto ambiental da valorización enerxética en España e Andorra, comparado co depósito en vertedoiros.
A pegada de carbono mide a totalidade de GEI emitidos por efecto directo ou indirecto, co fin de determinar a súa contribución ao cambio climático, e exprésase en toneladas de CO2 equivalentes (tC02 e). No caso da xestión de residuos urbanos, principal sistema en España que segue a ter como destino a vertedoiro, representa o 4% das emisións de GEI (Gases de Efecto Invernadoiro).
Trala análise levada a cabo por G-Advisory, demóstrase que os vertedoiros emiten 772 kg de CO2 e por tonelada tratada, mentres que a valorización xera unhas emisións de 224 kg CO2 e por tonelada tratada. É dicir, os vertedoiros emiten un 245% máis de emisións GEI que a valorización enerxética.
Grazas a este proceso de transformación dos residuos en enerxía, conséguese unha evidente mellora ambiental local. Pero, ademais, no canto de enviar os residuos ao vertedoiro, a valorización enerxética pode supoñer unha redución de emisións equivalente á contaminación anual dun parque automobilístico de 3,51 millóns de vehículos.
Ou o que é o mesmo, un 71% menos de emisións que o vertedoiro. Desta forma, a valorización enerxética pode axudar a cumprir co marco da UE para 2030: un obxectivo de, alomenos, un 55% menos de emisións de gases de efecto invernadoiro en comparación con 1990.
“Existe unha importante diferenza entre as emisións de GEI derivada da valorización enerxética e do depósito en entulleiras por toneladas de residuos urbanos. A valorización, polas súas menores emisións que o depósito en entulleira, pode xogar un papel moi importante no cumprimento dos obxectivos de redución de emisións marcados pola Unión Europea e España”, asegura Laura Santiago, Manager de Sostibilidade e ESG en G-Advisory.
VALORIZACIÓN ENERXÉTICA Vs. VERTEDOIROS
De acordo co estudo, a valorización enerxética, consistente na conversión en enerxía daqueles residuos que non poden ser reciclados, xa sexa en forma de electricidade, vapor ou auga quente, é un proceso recomendado para os residuos que non poden ser reutilizados nin reciclados e vital, para outros, como os produtos sanitarios, que presentan poucas alternativas viables de xestión.
Ademais, o aproveitamento enerxético dos residuos evita a súa eliminación en vertedoiro e os impactos ambientais e sociais asociados a este. En concreto, mediante a produción de enerxía – calor e electricidade – evítanse as emisións de GEI que se terían producido ao xerarse dita enerxía mediante outras tecnoloxías que utilizan combustibles fósiles.
Doutra banda, a valorización enerxética permite reducir o volume de refugallos que terminan en vertedoiro nun 90%.
“A menor pegada de carbono da valorización enerxética en comparación coa eliminación en vertedoiro é un factor que reforza a xerarquía establecida de xestión de residuos en Europa e o papel que pode xogar a valorización enerxética en España e Andorra, como complemento da reciclaxe para lograr os obxectivos marcados polas estratexias de economía circular e loita contra o cambio climático”, conclúe Rafael Guinea, presidente de Aeversu.
SOBRE AEVERSU
Aeversu (Asociación de Empresas de Valorización Enerxética de Residuos Urbanos) é unha agrupación de empresas que transforman os residuos urbanos non reciclables en enerxía mediante unha actividade chamada valorización enerxética. Actualmente, as empresas da Asociación están a dar traballo a máis de 2.500 persoas.
Aeversu pertence a CEWEP (Confederación de Plantas Europeas de Residuos de Enerxía), asociación que agrupa aos operadores de plantas de residuos de enerxía, representados en 490 plantas de 22 países. CEWEP céntrase en contribuír á lexislación europea sobre medioambiente e enerxía.
Podes seguir a actualidade de Aeversu na súa web aeversu.org, Twitter e LinkedIn.
Fonte e imaxe: Aeversu
Contacto prensa: BeConfluence. Tfno: 917815023; email: aeversu_comunicacion@be-confluence.com