- Tal e como se recolle na súa memoria correspondente ao ano 2021, 25.800 persoas participaron ao proxecto para atallar este problema ambiental a través da análise e recollida de 135,5 toneladas de basuraleza en máis de 2.000 puntos naturais de toda España
- Así mesmo, uníronse á rede de colaboradores de LIBERA máis de 1.900 entidades científicas, educativas, empresariais e divulgativas e da Administración Pública.
Cerceda, a 17 de febreiro de 2022.- O Proxecto LIBERA, de SEO/ BirdLife en alianza con Ecoembes, logrou numerosos avances en 2021. Así se recolle na súa Memoria Anual, onde se detallan as distintas actuacións desenvolvidas, destacando a caracterización de máis de 257.000 obxectos abandonados na natureza, traballo que se puido realizar grazas á tecnoloxía de apps como e- Litter, MARNOBA e Basuraleza para aumentar o uso das caracterizacións de residuos.
Estes datos obtivéronse grazas á mobilización de 25.800 persoas, que recolleron e caracterizaron 135,5 toneladas de basuraleza en máis de 2.000 puntos naturais de toda España, tanto nas campañas de ciencia cidadá de ‘1 m2’ polas diferentes contornas (terrestre, fluvial e mariño), como en ‘1 m2 contra a basuraleza’, a gran recollida colaborativa anual de residuos que celebra LIBERA cada mes de xuño.
A este coñecemento engádese o xerado polo proxecto Ciencia LIBERA, liderado por SEO/ BirdLife en colaboración co CSIC, e que conclúe, a partir de 49.000 datos obtidos, que a meirande parte dos espazos naturais están afectados por contaminación difusa.
Unha das novidades do Proxecto LIBERA foi analizar a evolución da basuraleza en espazos naturais de alto valor ecolóxico: os chamados “puntos de seguimento”.
Aínda que se percibiu que a cantidade de residuos diminuíu de forma xeneralizada, observouse un lixeiro aumento en áreas recreativas nos meses de máis actividade antrópica (xuño e setembro).
Para poder avanzar por este camiño, LIBERA conta co apoio de alianzas científicas, académicas e de investigación, e coa estreita colaboración con asociacións, ONG e universidades, que permiten o desenvolvemento de metodoloxías e ferramentas innovadoras para favorecer e impulsar o coñecemento. En concreto, o pasado ano máis de 1.900 entidades científicas, educativas e divulgativas e da Administración Pública (800 máis que en 2020), uníronse a esta rede de colaboradores.
Así, # MiPuebloSinBasuraleza, unha iniciativa para fomentar o turismo sostible e respectuoso coa natureza, xa conta con máis de 450 municipios de toda España para concienciar sobre o problema que supón o abandono de residuos nos pobos e contornas rurais.
EDUCACIÓN E SENSIBILIZACIÓN
Baseándose no coñecemento que achega a caracterización de residuos, LIBERA pon en marcha campañas de sensibilización para chamar a atención da cidadanía, as institucións e as empresas sobre as consecuencias da basuraleza. Exemplo disto é que, tendo detectado que as cabichas eran uns dos residuos máis abandonados durante as caracterizacións de ‘1 m2’ por contornas específicas, levou a cabo unha campaña de prevención relacionada con este residuo.
En 2021 difundiu un total de 19 campañas de concienciación para evitar o abandono de residuos en espazos como cunetas, ramblas, torrentes e barrancos, identificados como grandes ‘puntos negros’ de concentración de residuos.
Igualmente, a través do programa Aulas LIBERA, durante o curso 2020/2021 preto de 7.750 alumnos de 310 novas aulas aprenderon a problemática dos residuos abandonados na natureza que lles rodea e buscaron solucións a través de xogos e accións didácticas.
Ademais, a segunda edición de LIBERA Makers, unha iniciativa deseñada para involucrar aos estudantes de Formación Profesional a través da innovación e do desenvolvemento de prototipos para acabar coa basuraleza, contou coa participación de máis de 600 mozos de 41 centros de FP de toda España.
Fonte e imaxe: LIBERA