- Nesta segunda edición, os participantes terán que dar resposta a un destes dous retos: crear un prototipo que sirva para recoller lixo das contornas naturais ou para evitar que os residuos cheguen á natureza.
- A convocatoria está aberta a todos os centros en España que propoñen formacións de Técnico en sistemas microinformáticos e de redes, Técnico en instalacións de telecomunicacións, Técnico en mecanizado ou Técnico en aproveitamento e conservación do medio natural.
Cerceda, a 18 de novembro de 2020.- A través de LIBERA Makers, programa enmarcado no proxecto LIBERA, liderado por SEO/ BirdLife en alianza con Ecoembes, preténdese concienciar ao alumnado sobre o impacto da basuraleza, así como capacitar aos mozos de Formación Profesional para o desenvolvemento de prototipos innovadores que faciliten a loita contra estes residuos.
Nesta segunda edición, os participantes terán que dar resposta a un destes dous retos: crear un prototipo que sirva para recoller lixo das contornas naturais, e axudar así aos miles de voluntarios que forman parte de LIBERA; ou crear un prototipo que sirva para evitar que os refugallos cheguen á natureza, coa particularidade de que os prototipos deseñados poderán aplicarse nalgúns dos tres ecosistemas: mariño, terrestre ou augas de interior.
A convocatoria está aberta a todos os centros en España que propoñen formacións de Técnico en sistemas microinformáticos e de redes, Técnico en instalacións de telecomunicacións, Técnico en mecanizado ou Técnico en aproveitamento e conservación do medio natural.
Os centros interesados poden apuntarse a través da web https://proyectolibera.org/libera-makers/ co fin de iniciar o proceso de formación online en xaneiro de 2021 e que os futuros profesionais sexan capaces de presentar as súas solucións innovadoras a final do curso.
FORMACIÓN INNOVADORA
O proxecto de LIBERA Makers propón un enfoque innovador á hora de combater a basuraleza, poñendo a disposición destes mozos unha metodoloxía propia innovadora como programas didácticos de formación online, flexibles e a medida, baseados en técnicas formativas enfocadas nos aspectos prácticos como o learning by doing, traballos colaborativos e challenged learning (aprendizaxe baseada en retos), e unha plataforma MOOC que axudará aos concursantes a adquirir todos os coñecementos dos catro bloques temáticos que LIBERA Makers lles concede para poder crear un dispositivo funcional e axeitado.
Algúns grupos finalistas elixidos en xuño serán premiados cunha experiencia nunha contorna natural para coñecer de preto o traballo que desenvolve o Proxecto LIBERA, ademais dos premios para os tres proxectos gañadores, que serán entregados en forma de material educativo para o centro: o terceiro clasificado levarase unha impresora 3D; o segundo, un lote de material de estudo e unha impresora 3D; e, o primeiro, un lote de material educativo de maior valor económico e unha impresora 3D.
Fonte e imaxe: Ecoembes