- Recentemente, levaron a cabo unha xornada na que se deron a coñecer distintas iniciativas de traballo cualificadas como exitosas na redución de residuos.
- O evento contemplou unha mesa redonda na que se compartiron experiencias para concienciar á cidadanía sobre o coidado do medio ambiente e promover labores de recollida de lixo.
- Coa axuda da FEMP, as accións do proxecto LIBERA chegaron a 239 entidades locais, que representan a 24.954.284 habitantes, é dicir, máis da metade da poboación española.
Cerceda, a 30 de outubro de 2019.- Recentemente, o proxecto LIBERA, impulsado por SEO/BirdLife co apoio de Ecoembes, e a FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias), materializaron unha xornada cuxo obxecto era informar aos gobernos locais de España sobre as iniciativas orientadas a loitar contra os residuos abandonados na contorna e espazos naturais.
O evento, inaugurado por Carlos Daniel Casares, Secretario Xeral da FEMP, contou coa participación Ángel Hervella, Director de Xestión Local e Autonómica de Ecoembes, e Federico García, Coordinador da Área Social de SEO/BirdLife.
No transcurso do mesmo déronse a coñecer distintos traballos cualificados como exitosos na redución de residuos. Contemplouse tamén unha mesa redonda na que responsables de entidades locais de distintos puntos do territorio nacional compartiron as súas experiencias para concienciar á cidadanía sobre o coidado do medio ambiente e promover labores de recollida de residuos e conservación.
Coa pretensión de seguir traballando desde a colaboración na preservación da natureza, o proxecto LIBERA e a FEMP asinaron o pasado mes abril un convenio para levar a cabo prácticas que favorezan a xestión sostible do lixo e as boas prácticas vinculadas á redución, a reutilización e a reciclaxe.
Coa axuda da FEMP desde a dimensión divulgativa, as accións do proxecto LIBERA chegaron a 239 entidades locais que representan a 24.954.284 habitantes, é dicir, máis da metade da poboación española.
Ao longo das campañas de 1m2 organizadas por LIBERA, 73 concellos ou concellerías participaron nestas iniciativas, creando 91 puntos de recollida e caracterización de residuos, e promovendo a mobilización de preto de 3.500 voluntarios.
Fonte: Revista IDE
Imaxe: Libera
Saúdos, Departamento de Comunicación