- Ambas entidades ratificaron, por terceiro ano consecutivo, un acordo co que pretenden reforzar as liñas de traballo acometidas conxuntamente desde 2018 en materia de ciencia, prevención e participación en relación ao impacto da basuraleza en contornas mariñas.
- Recentemente, o propósito compartido púxose de manifesto a través do chamamento da Fundación Reina Sofía xunto a LIBERA en contra do abandono de luvas e máscaras na natureza.
Cerceda, a 8 de xuño de 2020.- O Proxecto LIBERA, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, e a Fundación Reina Sofía, formalizaron un novo acordo de colaboración para seguir loitando contra a basuraleza, especialmente en contornas mariñas.
O compromiso, ratificado por terceiro ano consecutivo, tivo lugar no marco da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, celebrado o pasado 5 de xuño, pretentendo, a través do mesmo, reforzar as liñas de traballo conxunto realizadas desde 2018 en materia de ciencia, prevención e participación en relación ao impacto do abandono de refugallos no medio natural.
A basuraleza representa unha ameaza para a biodiversidade mariña e a navegación. Todos os cordaxes e artefactos de pesca pantasma, así como o lixo mariño á deriva, ocasionan danos en especies tales como as tartarugas ou as pardelas. Neste escenario, unha das novidades da colaboración entre ambas entidades é o impulso de accións de conservación e sensibilización para mitigar o efecto que a basuraleza pode causar napardela balear, a única ave mariña endémica de España.
A Fundación Reina Sofía- a través do proxecto LIBERA- aportará recursos e datos no estudo “Tortugas Oceanógrafas” da propia fundación Save The Med, contribuíndo a seguir identificando riscos para a biodiversidade mariña. O pasado ano, este seguimento permitiu detectar zonas de acumulación de redes pantasma especialmente perigosas para as propias tartarugas e outros animais mariños, que poden causarlles lesións e incapacidade, e ata provocarlles a morte por inanición.
Así mesmo, as dúas entidades seguirán cooperando para incrementar a conciencia medioambiental do sector náutico de recreo no litoral español. Con tal fin, distribuirán materiais, impartirán formación e difundirán campañas para sensibilizar contra a basuraleza. Igualmente, buscan ampliar a rede de entidades adheridas a esta campaña, grazas a o convenio coa Federación Española de Asociacións de Portos Deportivos e Turísticos, para difundir o seu propósito medioambiental aos máis de 160 portos asociados en toda España.
PREOCUPACIÓN POLO ABANDONO DE LUVAS E MÁSCARAS
Recentemente, o propósito compartido púxose de manifesto a través do chamamento da Fundación Reina Sofía, xunto a LIBERA, en contra do abandono de luvas e máscaras en contornas naturais. Un reforzo de alto valor engadido para a conciencia social.
Fonte e imaxe: Ecoembes