- ‘1m2 polos ríos, lagos e encoros’ terá lugar do 9 ao 24 de marzo, e as entidades que queiran participar poden inscribirse ata o 3 de marzo para crear puntos de recollida e contribuír cos seus datos aa ter un maior coñecemento sobre a basuraleza
Cerceda, a 27 de febreiro de 2024.- O Proxecto LIBERA lanza unha nova edición da campaña de ciencia cidadá ‘1m2 polos ríos, lagos e encoros’, que terá lugar do 9 ao 24 de marzo, e cuxo obxectivo é seguir ampliando o coñecemento sobre o impacto ambiental da basuraleza nas contornas fluviais.
Desta maneira e, coincidindo co Día Internacional dos Ríos, que se celebra o 14 de marzo, LIBERA quere volver a sumar, por sétimo ano, novas persoas liberadoras dispostas a retirar residuos das contornas fluviais do país. Ata o próximo tres de marzo, calquera organización, asociación ou entidade pode participar creando puntos de recollida.
Como en todas as campañas de ciencia cidadá, os colectivos participantes recibirán unha formación previa e empregarán as apps móbiles ‘eLitter’ e ‘Basuraleza’, desenvolvidas polas asociacións Paisaxe Limpo e Vertidos Cero en colaboración con LIBERA. Os datos obtidos integraranse na base de datos do MITECO.
Na última edición de 2023, de ‘1m2 polos ríos, lagos e encoros’, durante as xornadas de limpeza e recollida de datos que se desenvolveron grazas á colaboración de máis de 5.000 persoas liberadoras en 350 puntos do país, lográronse retirar máis de 30 toneladas de residuos das que se categorizaron 77.000 obxectos. Entre os máis atopados, destacaron, en primeiro lugar, as toalliñas, seguido das cabichas, bolsas e latas de bebida.
Fonte e imaxe: Proxecto Libera