- Desde 2017, esta organización seguiu crecendo e conseguiu consolidar unha rede conformada por 130.000 persoas voluntarias e 2.200 entidades (274 máis que en 2021) entre organizacións, empresas, administracións públicas, entidades científicas ou colectivos locais
- Grazas ao compromiso e ao traballo de todos os que forman parte da rede LIBERA, o pasado ano conseguiuse recoller e clasificar preto de 120 toneladas de basuraleza en máis de 1.700 puntos naturais de toda España
Cerceda, a 16 de febreiro de 2023.- Máis de 30.000 persoas mobilizáronse en 2022 contra o abandono de lixo na natureza da man do Proxecto LIBERA, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, cuxo obxectivo é sensibilizar á sociedade sobre a cantidade de residuos que se xeran e do impacto que teñen se se abandonan na contorna.
Desde 2017, LIBERA seguiu crecendo e conseguiu consolidar unha rede conformada xa 130.000 persoas voluntarias e 2.200 entidades (274 máis que en 2021) entre organizacións, empresas, administracións públicas, entidades científicas ou colectivos locais que se foron sumando a este movemento.
FITOS
Dentro dos fitos de LIBERA atópase tecer unha rede de entidades colaboradoras, onde un dos piares fundamentais son as administracións públicas. En 2022, 81 municipios novos de toda España uníronse ao programa #MiPuebloSinBasuraleza , que conta xa con 531 en total.
LIBERA actuou tamén en 6 Confederacións Hidrográficas e 297 espazos naturais, colaborando cos organismos encargados da súa xestión e coas comunidades autónomas que os albergan.
Ademais, conta cunha rede de entidades investigadoras, educativas, sociais ou deportivas, as Alianzas LIBERA, que canalizan o seu labor a través de diferentes proxectos conxuntos
A prevención do abandono de residuos na natureza a través da educación ambiental é tamén clave e a rede chega á comunidade educativa a través do programa Aulas LIBERA, que ten como obxectivo crear entre o alumnado un compromiso coas contornas naturais.
Entre os compoñentes desta gran rede destacan tamén as 129 empresas privadas de todos os sectores produtivos que participaron no movemento impulsado por LIBERA en 2022.
ACCIÓNS EN MÁIS DE 1.700 PUNTOS NATURAIS
Grazas ao compromiso e ao traballo de todos os que forman parte da rede LIBERA, en 2022 conseguiuse recoller e clasificar preto de 120 toneladas de lixo en máis de 1.700 puntos naturais de toda España.
Así mesmo, caracterizáronse máis de 211.000 residuos abandonados na natureza, entre os que destacan, un ano máis, as cabichas, que representan máis do 14% de toda a basuraleza, seguidas de latas de bebida, pezas de plástico de menos de 2,5 cm ou toalliñas húmidas, entre outros. Esta información púidose recompilar grazas á tecnoloxía de apps como e-Litter, MARNOBA ou a App Basuraleza.
Fonte e imaxe: Libera