- Esta acción enmárcase na campaña de ciencia cidadá ‘1 m2 polas praias e os mares’, que arrincou o pasado sábado, día 18, e estenderase ata o 26 de setembro.
- Entre outros puntos, desenvólvese na praia pontevedresa de Limés.
- Na pasada edición lográronse recoller 4,6 toneladas de basuraleza en praias e mares grazas ao compromiso e o implicación de máis de 2.170 persoas, tendo recollidos e categorizados preto de 20.500 residuos.
Cerceda, a 20 de setembro de 2021.- Por quinto ano consecutivo, o Proxecto LIBERA, promovido por SEO/ BirdLife, en alianza con Ecoembes, promove a campaña de ciencia cidadá ‘1 m2 polas praias e os mares’ co fin de rexistrar datos sobre a tipoloxía de residuos atopados nestas contornas e liberalas de lixo.
A mobilización cidadá arrincou o pasado sábado, 18 de setembro, coincidindo co Día Internacional de Limpeza de Praias (World Clean Up Day), e estenderase ata o día 26 deste mes, abarcando un total de 248 puntos costeiros e fondos mariños, entre os que se atopa a praia de Liméns (Pontevedra).
As persoas voluntarias recompilarán datos sobre a tipoloxía da basuraleza atopada co obxectivo de formular estratexias máis eficientes que acaben con este problema ambiental.
Como cada ano, contarán co apoio da aplicación móbil MARNOBA. Desenvolvida pola Asociación Vertidos Cero e KAI Marine Services, trátase dunha plataforma que recolle, almacena e mostra a información necesaria para coñecer os refugallos abandonados en costas e mares do país.
Os datos obtidos ao final desta campaña de ciencia cidadá sumaranse aos máis de 430.000 obxectos xa caracterizados e que LIBERA recompilou no seu ‘Barómetro da Basuraleza’, para logo integrarse na base de datos do MITECO.
Esta edición de ´1 m2 polas praias e os mares´ conta coa participación de organización tales como Cruz Roja Española, Asociación Hombre y Territorio, Asociación Parque Dunar Matalascañas, Oria Verde, Asociación Promemar, Avanfuer, Fundación Canarias Recicla, Asociación Terramare, ADESP, Adenex, Alnitak, Mater, Asociación Región de Murcia Limpia, ou ANSE.
Tamén destaca a colaboración da Rede de Vixiantes Mariños, unha iniciativa da ONG Oceánidas, cuxos submarinistas voluntarios encargaranse de recoller e caracterizar a basuraleza de máis de 30 puntos en fondos mariños.
Na pasada edición lográronse recoller 4,6 toneladas de lixo en praias e mares grazas ao compromiso e implicación de máis de 2.170 persoas. En total, preto de 20.500 residuos foron recollidos e categorizados, destacando pequenas pezas de plástico, botellas de plástico, cabichas e embalaxes industriais entre os restos máis atopados. Ademais, froito da crise sanitaria, as máscaras posicionáronse como un dos residuos con maior presencia nestas contornas naturais.
Fonte e imaxe: FuturEnviro