- Baixo a coordinación de AIMPLAS, este proxecto europeo ten por obxecto a recollida selectiva de plástico comercial focalizado no polietileno e no poliestireno expandido, pretendendo incrementar as taxas de reciclado destes materiais nos países que forman parte da iniciativa, é dicir, España, Italia e Hungría.
- Contempla unha recollida porta a porta nos establecementos participantes, nos que se instalará un pequeno contedor para o depósito destes residuos, que serán retirados in situ por parte dos servizos municipais de recollida.
- A redución de lixo, a obtención de materias primas de segunda xeración e a diminución do consumo de recursos naturais, entre os retos.
Cerceda, a 20 de marzo de 2019.- Estímase que, en España, a actividade comercial xera o 21% do total dos residuos domésticos e todo apunta a que, nalgúns casos, as limitacións na xestión dos mesmos están a xerar certos problemas tales como saturación dos contedores, vertidos ilegais e perda de materias primas, entre outros.
Neste marco, e auspiciado pola Comisión Europea, a través do programa LIFE, púxose en marcha, en outubro de 2017 e cun orzamento de 984.466 euros, o proxecto Life RECYPACK baixo a coordinación de AIMPLAS, prevendo que chegue ao seu fin en marzo de 2020.
O principal obxectivo desta iniciativa é implantar un sistema de recollida selectiva de plástico comercial focalizado en dous materiais, polietileno (PE) e poliestireno expandido (PES), a fin de incrementar as taxas de reciclado de ambos nos países que forman parte do proxecto, é dicir , España, Italia e Hungría. Con isto permitiríase a obtención de materias primas de segunda xeración e reduciríase o consumo de recursos naturais.
Neste escenario, prestarase especial atención a catro tipoloxías comerciais xeradores de residuos: grandes superficies, comercio urbano, cadeas de distribución e instaladores pemes.
O proxecto contempla unha recollida porta a porta nos establecementos que voluntariamente queiran participar no mesmo, precisándose unicamente da instalación dun pequeno contedor e o correcto depósito dos residuos no mesmo, que serán retirados in situ por parte dos servizos municipais de recollida.
Fonte: www.liferecypackproject.eu
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación