- Baixo o título “Biorresiduos: novos desafíos, novas solucións”, terán lugar durante 4 días(13, 14, 20 e 21 de outubro).
- A xornada de mañá enmárcase no proxecto de cooperación transfronteIriza Galicia-Norte de Portugal (POCTEP) “Res2ValHum”, no que, ademais de Lipor, participa Sogama e outras entidades de Galicia e Portugal a fin de poñer en valor a materia orgánica máis aló do seu habitual uso como fertilizante.
Cerceda, a 13 de outubro de 2020.- Con motivo do 15 aniversario da Central de Valorización de materia orgánica en LIPOR (Servizo Intermunicipal de Xestión de Residuos do Gran Oporto), entidade encargada de xestionar os residuos urbanos producidos polos 8 concellos que a conforman, promove un ciclo de Webinar´s baixo o título “Biorresiduos: novos desafíos, novas solucións”.
Esta mesma mañá desenvolveuse un encontro bautizado co lema “Pola prevención e sen desperdicio”, que foi moderado por Susana Freitas, de Lipor, contando coa participación de Mariana Banazol, da plataforma Too Good to Go; Chantal Gispert, de GoodAfter; María Antunes, de Kitchen Dáte; e Fernando Ventura, de Jerónimo Martins.
A xornada do día 14 enmárcase no proxecto de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (POCTEP) “Res2ValHum”, no que, ademais de Lipor, participa Sogama e outras entidades de Galicia e Portugal a fin de poñer en valor a materia orgánica, máis aló do seu habitual uso como fertilizante, introducir melloras na xestión da mesma, potenciar o mercado do compost obtido e levar a cabo tarefas de información e divulgación sobre a xestión sostible dos residuos urbanos a ambos os dous lados da fronteira, intercambiando igualmente experiencias e boas prácticas.
Neste caso, a sesión estará moderada por Tánia Pinto, de Lipor, e intervirán portavoces de distintas entidades, como é o caso de Marga López, da Axencia de Residuos de Cataluña; Miguel Nunes, de Algar; ou Ana Catarina Valente, da Cámara Municipal de Lisboa. As temáticas a abordar centraranse no tratamento de residuos en orixe, a compostaxe doméstica e comunitaria, e a compostaxe a partir de restos verdes.
As webinars contemplan presentacións en inglés ou en portugués e terán continuidade os días 20 e 21 de outubro. Máis información en www.lipor.pt
É preciso recordar que Lipor trata cada ano preto de 500.000 toneladas de residuos urbanos producidos polos municipios de Espinho, Gondomar, Maia, Matosinhos, Porto, Póvoa de Varzim , Valongo e Vila do Conde, nos que residen preto de 1 millón de habitantes.
Imaxe: páxina web de Lipor