- Con tal fin, habilitou unha ferramenta, deseñada pola empresa galega Teimas, que permite aos participantes rexistrar o peso de cada fracción de lixo xerada nos fogares.
- O obxectivo é saber se o coronavirus alterou os comportamentos en torno á xestión dos residuos (se hai maior ou menor clasificación dos mesmos, se se incrementou ou non a súa produción, etc).
- A iniciativa arrincou o pasado 5 de maio e estenderase ata o próximo 5 de xuño.
Cerceda, a 8 de maio de 2020.- O Laboratorio de Ideas sobre Residuos (LIR) lanzou un estudo que ten por obxecto coñecer os hábitos de produción de residuos e reciclaxe desde que se decretou o estado de alarma como consecuencia do COVID-19.
Con tal fin, puxo en marcha unha ferramenta que permite aos participantes rexistrar o peso de cada fracción de lixo xerada nos fogares. O obxectivo é saber se o coronavirus alterou os comportamentos en torno á xestión dos residuos (se hai maior ou menor clasificación dos mesmos, se se incrementou ou non a súa produción, etc).
A iniciativa arrincou o pasado 5 de maio e estenderase ata o próximo 5 de xuño. A través da aplicación https://residuos.casa/, os interesados rexistran os seus datos (email, código postal e nº de persoas que viven en casa) e simplemente deben indicar que fluxos de residuos separaron e o seu peso (antes de levalos aos contedores).
Cos resultados obtidos, LIR elaborará un documento que publicará na súa web e que permitirá saber se o risco sanitario colectivo que estamos a vivir cambia, ou non, a nosa forma de xerar e separar os refugallos.
Os usuarios, ademais, poderán consultar en calquera momento do proxecto o seu rexistro histórico de datos para coñecer o total de lixo xerado durante o mes e o peso de cada fracción. A información será tratada de forma anónima e confidencial.
A firma galega Teimas foi a encargada de deseñar esta aplicación, apoiándose para itso na tecnoloxía do seu produto ZERØ, que axuda a grandes empresas multinacionais a controlar e xestionar a súa produción de residuos.
Máis información en www.laboratorioderesiduos.es
Fonte e imaxe: LIR