- Neste encontro, que terá lugar o próximo 27 de maio, difundiranse as últimas innovacións en envases alimentarios, así como as liñas estratéxicas que dan resposta ás tendencias no sector do envase barreira desde o foco da sostibilidade, incluíndo a reciclaxe.
Cerceda, a 24 de maio de 2021.- Máis de 130 empresas do sector do envase alimentario xa confirmaron a súa participación na próxima edición MeetingPack virtual 2021, que se celebrará o 27 de maio.
A través da participación en streaming de profesionais do sector, difundiaranse as últimas innovacións en envases alimentarios, así como as liñas estratéxicas que dan resposta ás tendencias no sector do envase barreira desde o foco da sostibilidade, incluíndo a reciclaxe.
Este evento reunirá a empresas de toda a cadea de valor nun innovador formato virtual que contará con dous relatorios inspiradores: “Visión estratéxica no desenvolvemento de envases. Lei de Residuos e como afecta os envases” e “Visión estratéxica no uso de reciclaxe. Retos lexislativos e de subministración”, a través dos cales os asistentes poderán intercambiar as súas inquietudes en mesas redondas con profesionais de empresas punteiras no ámbito da alimentación e o envase. Contarán tamén coa posibilidade de visitar os expositores virtuais das compañías patrocinadoras.
A plataforma seleccionada para este formato virtual vai permitir replicar o modelo de evento presencial de edicións anteriores, de maneira que siga sendo posible a interacción entre as empresas, asistentes, relatores e patrocinadores, fomentando o networking, parte moi importante do éxito de MeetingPack.
Organizada conxuntamente por AINIA e AIMPLAS, esta xornada será a antesala de MeetingPack 2022 que, en formato presencial, terá lugar os días 20 e 21 de abril de 2022 no Pazo de Congresos de Valencia.
Fonte e imaxe: AIMPLAS