- Coincidindo coa Semana Europea da Prevención de Residuos, este SIX continuará impulsando a adhesión de todo tipo de compañías envasadoras e, co fin de garantir estándares de calidade en materia de ecodeseño, pon ao dispor das empresas un servizo de asesoramento experto.
- O obxectivo desta estratexia é contribuír a un modelo de economía circular e producir envases máis sostibles desde o punto de vista ambiental.
Cerceda, a 26 de novembro de 2020.- No que vai de ano, máis de 200 compañías envasadoras de sectores como a cervexa, viño e bebidas espirituosas e sidra adscribíronse aos Plans Empresariais de Prevención 2020-2022 de Ecovidrio, a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España.
Coincidindo coa Semana Europea da Prevención de Residuos, este SIX continuará impulsando a adhesión de todo tipo de compañías envasadoras e, co fin de garantir estándares de calidade en materia de ecodeseño, pon a disposición das empresas un servizo de asesoramento experto para a revisión e implementación de medidas sostibles en todo o ciclo de vida do envase.
Ademais, Ecovidrio realizará a asistencia técnica de seguimento ata 2022 co obxectivo de incentivar a participación das compañías envasadoras nestes plans, ofrecer o seu apoio no proceso de identificación e rexistro de medidas de prevención, así como validar as declaracións recibidas.
O obxectivo desta estratexia é contribuír a un modelo de economía circular e producir envases máis sostibles desde o punto de vista ambiental.
MEDIDAS DE PREVENCIÓN
Os Plans Empresariais de Prevención de Ecovidrio 2020-2022 recollen 62 medidas de prevención, destacando entre as súas metas as seguintes: minimizar a cantidade de residuo de envase xerado no proceso de envasado; impulsar accións de acompañamento que permitan involucrar a todos os actores da cadea de valor; reducir a pegada ambiental asociada ao proceso de envasado, así como mellorar a reciclabilidade do envase grazas á introdución de cambios na composición do material e a incorporación de melloras tecnolóxicas.
A finais de 2019, 266 empresas xa implementaran plans de prevención en colaboración con Ecovidrio, propiciando a aplicación de máis de 1.150 accións de ecodeseño no últimos tres anos.
A redución do peso dos envases, a comercialización de bebidas en maior volume, o aumento da porcentaxe de material reciclado na embalaxe ou a colaboración con programas de reciclaxe de entidades locais ou asociacións sectoriais, foron algunhas das medidas que se adoptaron no anterior trienio de 2017-2019.
Grazas aos plans executados no pasado trienio, logrouse reducir o peso dos envases de vidro e evitar as emisións de CO2 equivalentes a 10 viaxes Madrid-Tokio en avión.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay