- Con esta iniciativa preténdese poñer en valor os pobos, fomentar o turismo sostible e concienciar á cidadanía sobre a necesidade de manter a contorna natural libre de residuos e actuar con responsabilidade.
- A crise sanitaria desatada polo COVID-19 fixo que este verán os españois prioricen, máis que nunca, o turismo nacional e que moitos queiran gozar das súas vacacións en pequenas localidades.
- Cada ano abandónanse na natureza millóns de toneladas de residuos aos que agora se suman novos materiais tales como luvas e máscaras desbotables, que deben ser depositados no contedor verde convencional.
Cerceda, a 29 de xullo de 2020.- Máis de 300 municipios españois adheríronse á campaña #MiPuebloSinBasuraleza, unha iniciativa promovida a principios deste mes polo Proxecto LIBERA, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes , e que ten por obxecto poñer en valor os pobos, fomentar o turismo sostible e concienciar á cidadanía sobre a necesidade de manter a contorna natural libre de residuos e actuar con responsabilidade.
No marco desta iniciativa, os municipios comprométense a actuar para sensibilizar na materia a veciños e visitantes, valéndose para isto das accións formativas que contempla o Proxecto LIBERA.
Así mesmo, prestan o apoio e respaldo institucional a organizacións e asociacións locais a fin de axudalas a desenvolver actividades que impulsen a conservación do medio natural e as boas prácticas ambientais por parte dos cidadáns.
A crise sanitaria desatada polo COVID-19 fixo que este verán os españois prioricen, máis que nunca, o turismo nacional. Segundo o estudo “O ano do turismo doméstico”, realizado por Ipsos e THR, 9 de cada 10 viaxeiros quedarase en España, converténdose os destinos menos masificados e os municipios pequenos nun atractivo vacacional.
España é o país con máis biodiversidade de Europa. Conta con máis de 85.000 especies e alberga o 54% dos hábitats terrestres que son de interese comunitario segundo a Directiva Hábitats. Ademais, é o Estado da Unión Europea que máis superficie aporta á Rede Natura 2000, cun 27% do seu territorio terrestre e máis do 8% do mariño protexido baixo esta figura, con preto de 2.000 espazos.
Cada ano abandónanse na natureza millóns de toneladas de residuos aos que agora se suman novos materiais tales como luvas e máscaras desbotables, que deben ser depositados no contedor verde convencional.
#MiPuebloSinBasuraleza apela á responsabilidade ambiental dos turistas e cidadáns en xeral para manter libres de refugallos municipios e contornas naturais e, desta forma, contribuír á sostibilidade en toda a súa amplitude.
Fonte e imaxe: Libera