- Trátase dun concurso global que busca identificar, apoiar e distinguir a mozos/as de entre 18 e 30 anos con grandes ideas para protexer o medio ambiente.
- Entre as temáticas abordadas polos aspirantes, seleccionados entre un total de 900, figuran a contaminación por plásticos, a polución do aire, a restauración de arrecifes e o deterioro de ecosistemas.
- Os sete gañadores serán seleccionados por un xurado global e cada un recibirá 15.000 dólares estadounidenses en fondos iniciais, ademais de titorías de expertos, capacitación personalizada en liderado , narración e comunicacións, e acceso a importantes redes e mentores.
- A relación de premiados será anunciada en setembro, un por cada rexión e dous de Asia-Pacífico no transcurso da cerimonia do premio Campións da Terra.
Cerceda, a 3 de xuño de 2019.- Recentemente, ONU Medio Ambiente deu a coñecer os nomes dos 35 finalistas rexionais que aspiran ao premio Jóvenes Campeones de la Tierra, un concurso global que busca identificar, apoiar e distinguir a mozos/as de entre 18 e 30 anos con grandes ideas para protexer o medio ambiente.
Das máis de 900 candidaturas, os 35 finalistas foron elixidos polos seus enfoques innovadores para enfrontar os desafíos máis acuciantes do planeta.
Entre as temáticas abordadas están a contaminación por plásticos, a polución do aire, a restauración de arrecifes e o deterioro de ecosistemas. E os seus proxectos contemplan desde a protección da vida silvestre no leste de Angola ata a distribución de vehículos eléctricos impulsada a través da cadea de bloques (blockchain) en Singapur e a confección téxtil sostible en México.
Os sete gañadores serán seleccionados por un xurado global conformado, entre oturos, pola Enviada do Secretario Xeral de Nacións Unidas para a Xuventude; Jayathma Wickramanayake; a presidenta e directora executiva da Fundación das Nacións Unidas, Kathy Calvin; e a corresponsal de VICE News Arightle Duhaime-Ross.
A relación de premiados será anunciada en setembro, un por cada rexión e dous de Asia-Pacífico no transcurso da cerimonia do premio Campeones de la Tierra, o maior galardón ambiental que concede a ONU en Nova York.
Cada gañador recibirá 15.000 dólares estadounidenses en fondos iniciais, ademais de titoría de expertos, capacitación personalizada en liderado, narración e comunicacións, e acceso a importantes redes e mentores.
Na páxina web de Jóvenes Campeones están dispoñibles biografías curtas dos 35 finalistas rexionais, así como os resumos das súas ideas, en texto e en vídeo.
Lanzado por primeira vez en 2017, o premio Jóvenes Campeones de la Tierra recoñece a persoas de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos cunha gran idea para protexer ou restaurar o medio ambiente, con visión para un futuro sostible.
Fonte e imaxe: UNEP
Saúdos, Departamento de Comunicación