- Estímase que cada ano utilízanse na UE 2.025 millóns de envases desbotables
- Segundo a Universidade de Manchester, se a metade deles fosen reciclados, reduciríanse as emisións equivalentes de gases de efecto invernadoiro xeradas anualmente por 55.000 automóbiles.
- Nun estudo pioneiro, esta Universidade atopou 12 impactos ambientais diferentes destes envases.
Cerceda, a 7 de xaneiro de 2019.- Estímase que cada ano utilízanse na Unión Europea 2.025 millóns de envases desbotables para comida rápida, un sector en auxe e que crece rapidamente, cun valor de mercado proxectado en máis de 80.000 millóns de dólares para 2020.
Se a metade destes envases fosen reciclados, os investigadores aseguran que se reducirían as emisións equivalentes de gases de efecto invernadoiro xeradas anualmente por 55.000 automóbiles.
Na Universidade de Manchester levaron a cabo o primeiro estudo exhaustivo sobre os impactos ambientais que teñen estes recipientes, analizando os propios dos envases de aluminio, poliestireno e polipropileno. Se ben concluíu que os de escuma de poliestireno teñen unha pegada de carbono máis baixa (50% menos que os de aluminio e tres veces máis que os de plástico debido á menor cantidade de materiais utilizados na súa fabricación e á menor cantidade de enerxía consumida na produción de escuma de poliestireno), atópanse con máis limitacións á hora de ser reciclados.
A través da análise do ciclo de vida (ACV) destes envases, contemplando a súa fabricación, uso e xestión de residuos ao final da súa vida útil, o equipo de científicos atopou 12 impactos ambientais diferentes, incluíndo o propio de cambio climático e o de esgotamento dos recursos naturais. De aí que a reutilización dos envases constitúa unha importante medida coa que minimizar os seus impactos ao longo do tempo.
Pola súa banda, o estudo tamén concluíu que os recipientes tipo Tupperware reutilizables tiñan unha pegada menor que a escuma de poliestireno desbotable cando se reutilizan máis de 18 veces, e isto malia a enerxía e o auga utilizada para a súa limpeza.
Fonte e imaxe: Universidade de Manchester
Saúdos, Departamento de Comunicación