- Promovida por Anaip , Cicloplast e APE Europe, xunto con outros membros fundadores, foi constituída polos fabricantes e importadores españois de plásticos agrícolas.
Cerceda, a 20 de marzo de 2020.- Vénse de crear MAPLA (Medio Ambiente, Agricultura e Plásticos), unha nova asociación que ten por obxecto organizar e financiar a recollida e valorización de residuos plásticos agrícolas que non sexan envases.
Promovida por Anaip, Cicloplast e APE Europe, xunto con outros membros fundadores, esta organización foi constituída polos fabricantes e importadores españois de plásticos agrícolas. Na mesma están representados o 90% dos transformadores e distribuidores de filmes plásticos agrícolas e a previsión é que creza de forma progresiva e incorpore outros produtos plásticos que se utilizan na produción agraria, como é o caso de cordas, mallas, cintas de rego, etc.
Con esta iniciativa preténdese evitar o vertido de plásticos agrícolas na natureza, facilitar aos agricultores a correcta xestión dos seus residuos e incrementar os índices de recollia e reciclado do plástico. «Tamén permitirá a transformación de residuos en recursos, en liña coa Estratexia Europea de Plásticos, fomentando así a economía circular», aseguran desde a entidade.
Segundo MAPLA, se ben é certo que actualmente moitos dos residuos plásticos agrícolas non envases xa se están a reciclar, o certo é que «un modelo organizado facilita a xestión ao agricultor e ao gandeiro, sendo moito máis eficiente».
As primeiras operacións de recollida están previstas para o ano 2021. A asociación invita aos agricultores, cooperativas, comercializadoras, distribuidores e transformadores a unirse ao novo modelo nacional.
Fonte e imaxe: Residuos Profesional