- O conxunto dos traballadores e traballadoras desta compañía pública, dependente da Xunta de Galicia, están respondendo a esta situación de crise coa máxima responsabilidade, profesionalidade, eficiencia e dilixencia.
Cerceda, ao 20 de marzo de 2020.- Con todas as medidas de protección individual, colectivas e organizativas, a maquinaria de Sogama continúa a pleno rendemento para seguir prestando o mellor servizo público aos 295 concellos adheridos ao seu modelo ou, o que é o mesmo, a máis de 2.242.000 habitantes.
O conxunto dos traballadores e traballadoras desta compañía pública, dependente da Xunta de Galicia, están respondendo a esta situación de crise coa máxima responsabilidade, profesionalidade, eficiencia e dilixencia, conscientes do importante papel que asumen nun escenario sen precedentes e con serias consecuencias sanitarias, sociais e económicas.
Desde as nosas casas, apliquemos medidas de máxima prevención, tamén na xeración de residuos, separémolos correctamente e propiciemos unha xestión sostible dos mesmos.
Xuntos, pola saúde dos cidadáns e a protección do medio ambiente. Sigamos fortes!
Saúdos, Departamento de Comunicación