- As asociacións Vertidos Cero e Paisaje Limpio, xunto ao Proxecto LIBERA, realizaron un seguimento a través das ferramentas de ciencia cidadá, eLitter e MARNOBA.
- Os datos recabados dos materiais clasificados na categoría de “Residuos Médicos” durante 2019 e 2020, arroxan un crecemento de máis do 300% o pasado ano.
Cerceda, a 13 de febreiro de 2021.- Desde hai practicamente un ano, e debido á COVID-19, as máscaras forman parte da nosa vida cotiá, e, lamentablemente, cada vez é máis frecuente atopalas abandonadas en espazos urbanos e naturais, emerxendo como un novo residuo. Ademais do impacto visual, xeran un importante impacto ambiental e un potencial perigo para a saúde.
Dada a recorrencia deste “novo” refugallos, as asociacións Vertidos Cero e Paisaje Limpio, xunto co Proxecto LIBERA, realizaron o seu seguimento a través das ferramentas de ciencia cidadá, eLitter e MARNOBA, aplicacións móbiles cuxo obxectivo é coñecer o abandono de lixo nas contornas naturais.
Para recabar os datos, contouse coa colaboración de cidadáns voluntarios que participaron no rexistro das máscaras e luvas que atoparon durante as súas accións de limpeza no medio natural durante o ano 2020.
Grazas a esta información, estableceuse unha comparativa entre este tipo de refugallos, clasificados como “Residuos Médicos”, durante os anos 2019 e 2020.
O resultado obtido en 2019 lanza un total de 287 obxectos recollidos correspondentes a esta categoría, mentres que en 2020 a cifra alcanzou os 1.579 obxectos, o que supón un incremento de máis dun 300% ao longo do período de pandemia.
O seguimento do abandono deste tipo de materiais derivados da Covid manterase ao longo de 2021 co obxectivo de constatar esta tendencia e medir a súa evolución, unha vez superada a pandemia, así como a súa persistencia e mobilidade no medio.
Fonte: Paisaje Limpio
Imaxe: Pexels