- Con esta iniciativa preténdese incidir na necesidad de que o cidadán deposite no Punto SIGRE da farmacia os residuos de medicamentos e os seus envases
Cerceda, a 24 de novembro de 2023.- Coa campaña “A medicina para o planeta é reciclar”, promovida por SIGRE, esta entidade quere seguir concienciando ao cidadán sobre a importancia medioambiental e sanitaria de depositar os residuos de medicamentos e os seus envases no Punto SIGRE da farmacia para que reciban un correcto tratamento ambiental.
Cun ton emocional á vez que informativo, a campaña utiliza imaxes da natureza que acompañan ao ciclo de vida do medicamento: desde a súa investigación por parte das compañías farmacéuticas, ata o seu uso responsable e a súa correcta xestión ambiental unha vez estamos curados. Todo co obxectivo de transmitir que cada cando acudimos ao punto SIGRE, colaboramos co sector farmacéutico no coidado da nosa saúde e a do planeta, elementos moi interrelacionados entre si.
Ao longo dos algo máis de 22 anos de vida de SIGRE, grazas ás medidas de ecodeseño das compañías para desenvolver envases máis sostibles, á loxística inversa de recollida dos residuos e á reciclaxe dos materiais dos envases de medicamentos depositados polos cidadáns nos Puntos SIGRE das farmacias, logrouse reducir o peso medio dos envases farmacéuticos en máis dun 25%, evitar a talla de 200.000 árbores (o equivalente a 10 parques do Retiro madrileño) e a emisión á atmosfera de 84.440 toneladas de CO2, así como aforrar o consumo de 370 millóns de litros de auga (os necesarios para encher 150 piscinas olímpicas), 400 millóns de kWh de enerxía e 65 millóns de litros de petróleo, contribuíndo deste xeito á loita contra o cambio climático e á redución da contaminación do aire.
Ademais, esta campaña pide que se preste especial atención aos antibióticos, xa que catro de cada dez españois aínda non son conscientes de que, se tiran os antibióticos sobrantes ou caducados ao lixo, poden contribuír ao desenvolvemento de resistencias bacterianas, unha das 10 principais ameazas de saúde pública ás que se enfronta a humanidade.
Fonte e imaxe: SIGRE
Saúdos, Departamento de Comunicación