- Tiveron a oportunidade de adentrarse nas instalacións desta empresa pública a través de lentes inmersivos de realidade virtual, podendo observar con detalle o labor de cada unha das plantas polas que discorre o residuo para ser recuperado
Cerceda, a 1 de marzo de 2024.- Medio cento de alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO do Colexio Plurilingüe Abrente de Sanxenxo (Pontevedra) desprazáronse onte a Cerceda, en A Coruña, para coñecer a infraestrutura industrial de Sogama e a súa operativa, tendo en conta que os residuos que xeran nos seus fogares, e no propio centro, reciben tratamento nas instalacións desta empresa pública, previo transvasamento dos mesmos na planta de transferencia de Ribadumia.
Co apoio de educadores ambientais especializados, foron recibidos cunha charla informativa sobre o modelo de xestión impulsado por esta entidade, que reforzaron posteriormente cunha visita virtual ás instalacións. A través de lentes inmersivos 360º, puideron ver, con todo luxo de detalles, as distintas instalacións polas que discorren os residuos para ser tratados correctamente.
No caso dos envases lixeiros (envases de plástico, latas e briks) depositados polo cidadán no contedor amarelo, estes son separados por tipoloxías de material nunha planta de clasificación automática e enviados en balas aos centros recicladores para ser convertidos en novos produtos.
Respecto da bolsa negra (fracción resto), a entidade consegue extraer, nunha planta de recuperación que opera en liña coa industria 4.0, aqueles refugallos susceptibles de ser reciclados, acondicionando co resto un combustible derivado de residuos (CDR) que valoriza enerxeticamente nunha planta termoeléctrica para producir electricidade suficiente coa que abastecer ao 12% dos fogares galegos.
Tralo percorrido virtual, os escolares tiveron a oportunidade de poñer a proba os coñecementos adquiridos coas máquinas de xogos Arcade Trash & Furious, onde seleccionaron residuos e transportáronos ás correspondentes plantas de reciclaxe
Saúdos, Departamento de Comunicación